XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao aluguer temporal do inmoble que albergará as oficinas provisionais de Medio Rural e de Parques e Xardíns

14/09/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, nunha reunión extraordinaria, alugar á empresa Desproi Promociones un inmoble que se destinará á ubicación dos servizos de parques e xardíns e medio rural de xeito temporal, e polo periodo de execución das obras das novas instalacións sitas no recinto ferial de Amio. Tamén se lle deu luz verde ao traslado do persoal téncio e administrativo destes departamentos ás novas instalacións.

Ler máis

COMERCIO

Xuntanza coas asociación de comerciantes da cidade

13/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Área Central, no que se trataron varios asuntos; entre eles, o pagamento das últimas axudas ao rescate convocadas, que se farán efectivas ao longo deste mes.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción a Javier Solana

13/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Javier Solana, ex-representante da Política Exrterior e de Seguridade Común da Unión Europea, que esta tarde, ás oito, recollerá, no Paraninfo da USC, o XXV Premio Internacional Grupo Compostela de Universidades.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Apróbanse as bases das convocatorias de cheques de consultoría para o comercio local e das subvencións para o fomento do deporte federado

13/09/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria e adxudicación de 36 cheques de consultoría para o comercio local do programa Coidar para mellorar 2021 nas seguintes modalidades de comunicación, escaparatismo e mercadotecnia visual, e transformación dixital. Tamén lle deu luz verde ás bases da convocatoria de subvencións, destinadas ao fomento do deporte federado.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde visita o "Festival intercultural Compostela Convive"

12/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe o Festival intercultural Compostela Convive, que se celebrou na Alameda, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández; entidade organizadora do evento, no que colabora o concello compostelá.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A concelleira de Medio Ambiente destaca a volta paulatina á normalidade no subministro de auga

12/09/2021

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, destacou hoxe a volta paulatina á normalidade no subministro de auga á cidade de Santiago, despois da suspensión, onte, da captación de auga do Tambre por parte da ETAP, debido a unha vertedura de puríns. A concelleira garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez, debido, sinala, a "ese tempo que a planta de tratamento estivo parada, e a esa baixada de nivel dos depósitos".

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Reactívase o tratamento de auga na ETAP do Tambre

11/09/2021

Dacordo aos resultados das análises que veñen realizando de forma continua polo laboratorio da concesionaria do servizo, vai comezar a tratar na ETAP a auga captada no río Tambre, de modo que polo momento se poida manter a subministración en toda a cidade de Santiago.

Ler máis
Compartir: