DEPORTES

Santiago acolle, o 2 de outubro, a terceira etapa da 9ª Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia

27/09/2021

Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro 2 de outubro, a terceira etapa da 9ª Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia, para persoas con discapacidade intelectual. Será un percorrido de 21,2 quilómetros polo centro da capital de Galicia, que sairá do Centro Sociocultural das Fontiñas, para rematar no mesmo lugar. Un evento que se completará con outras tres probas en Baños de Molgas (Ourense) o 30 de setembro, Guitiriz (Lugo), o 1 de outubro; e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), o 3 de outubro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Alfonso Blanco Quintela gaña o "III Premio Realia de Tradución Literaria"

25/09/2021

Alfonso Blanco Quintela acaba de gañar o III Premio Realia de Tradución Literaria, pola tradución, ao galego, da obra "As consecuencias da vella historia", escrita por Georgios Viziinos, e publicada orixinalmente en lingua grega en 1884. Blanco Quintela, que se presentou baixo o pseudónimo de Asier Ortegal, percibirá unha contía en metálico de 1.500 euros. A maiores, a súa tradución será publicada nos vindeiros meses nunha das dúas coleccións da editorial Huguin e Munin.

Ler máis

IGUALDADE

Intervención artística "Cuestión de Xénero", de Luz Darriba, para dicir NON + TRATA, mañá na Alameda

24/09/2021

Mañá, 25 de setembro, terá lugar na Alameda de Santiago, a intervención artística "Cuestión de Xénero", no marco da semana "Trátase de NON + TRATA", que se desenvolve entre o 23 e o 30 de setembro, organizada pola Rede de artistas, docentes e ativistas feministas e abolicionistas da Arxentina, con motivo da conmemoración do "Día Internacional contra o Tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación sexual", instaurado pola UNESCO todos os 23 de setembro.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Máis de 4.700 vehículos controlados e 83 denuncias na última campaña da Policía Local de control das distraccións ao volante

24/09/2021

A Policía Local participou entre o 16 e o 22 de setembro nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os/as axentes controlaron 4.764 vehículos, cun total de 83 denuncias, o que supón o 2% do total de automóbiles inspeccionados.

Ler máis
Compartir: