EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música acolle mañá unha conferencia e un concerto de violonchelo a cargo de Guillermo Turina
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela organizou para mañá, mércores 6 de outubro, unha conferencia e un concerto destinado ao seu alumnado a cargo do violonchelista Guillermo Turina. A cita será ás 19.00 h no auditorio da Escola.
ACCION CULTURAL
A exposición "A Catedral de Santiago ao descuberto" inaugurada hoxe, poderase ver en 11 barrios e aldeas compostelás
A Praza Aurelio Aguirre; o adro da igrexa de Figueiras; e o exterior do Centro Sociocultural de Marrozos acollen, ata o 10 de outubro, a exposición itinerante ‘A Catedral de Santiago ao descuberto’. Integrada por 40 fotos repartidas en 10 paneis, foi inaugurada hoxe en Conxo. No acto estiveron presentes a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, o autor das fotografías, Adolfo Enríquez; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Ramón Yzquierdo...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello concorre á convocatoria de subvencións do Ministerio de Industria e Comercio para financiar o proxecto "Commarket Santiago"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou hoxe dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local, entre os que destacou o proxecto "Commarket Santiago", concretamente unha corrección de erros vinculada á solicitude de axudas da convocatoria do Ministerio de Industria "para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles cortas de comercialización no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia".
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social do Concello mantén hoxe unha nova xuntanza na que se presentarán os avances no proxecto da Axenda Urbana
O Consello Económico e Social do Concello de Santiago, órgano de participación das asociacións e entidades do ámbito socioeconómico no seguimento das cuestións da cidade e na determinación das medidas e decisións que se toman para o futuro, celebra hoxe un novo encontro no edificio CERSIA de San Lázaro presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
SEGURIDADE CIDADÁ
Protección Civil de Santiago doará distinto material técnico aos seus compañeiros da illa da Palma
Protección Civil de Santiago de Compostela ten previsto enviar nas próximas horas a La Palma unha doazón de 14 caixas con 180 quilos de material técnico destinado aos compañeiros de Protección Civil da illa. Entre ese material figuran chaquetas de traballo, máscaras ou botas.
FESTAS
Área Central acolle, do 7 ao 10 de outubro, a "VII Feira de minerais", a maior das que se celebra en Galicia
Área Central acollerá, do 7 ao 10 de outubro, a "VII Feira de minerais", na que colabora o concello de Santiago de Compostela; e que contará cunha vintena de expositores de diferentes puntos de Europa. Presentárona hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños; Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; e Alejandro Rodríguez, organizador do evento.
EDUCACION
As Escolas Infantís Municipais celebran a Festa da vendima
A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela, integrada polos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío- Salgueiriños celebraron esta semana a "Festa da vendima".
MOBILIDADE
A partir de mañá, 2 de outubro, xa se poden ocupar a totalidade dos asentos nos autobuses urbanos
Desde as 00:00 h. do día 2 de outubro, xa se poderán ocupar a totalidade dos asentos nos autobuses urbanos. Así o establece a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autonóma de Galicia (DOG 189-BIS, xoves 30 de setembro de 2021)
POLITICAS SOCIAIS
O Pazo de Raxoi iluminarase de verde polo Día Nacional da Artrite
A noite do 1 de outubro, máis de 170 edificios e monumentos en toda España iluminaranse de cor verde con motivo do Día Nacional da Artrite. Entre eles, está o pazo de Raxoi. Esta iniciativa forma parte da campaña "Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite", organizada pola Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a xornalistas e axentes de viaxes alemáns
Dez xornalistas alemáns están estes días visitando a cidade nunha viaxe no que colaboran Turismo de Santiago, Lufthansa e a Axencia Galega de Turismo. Os xornalistas son de medios xeneralistas, como o Berliner Zeitung ou o suplemento dominical de Frankfurter Allgemeine, e de revistas especializadas en viaxes. Ademáis tamén veñen no grupo dous axentes de viaxes especializados en turismo cultural.