XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica o contrato de mantemento e conservación do Parque de Brandía á empresa Aspas Emprego

11/10/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do Parque de Brandía do Concello de Santiago de Compostela", reservado a centros especiais de emprego, á empresa Aspas Emprego S.L., por un importe de 261.701,22 euros, IVE incluído. Tanto deste, como dos demais asuntos tratados, informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

O Pazo de Raxoi iluminarase de lila polo Día Europeo da Síndrome X Fráxil

10/10/2021

Esta noite do 10 de outubro, o Pazo de Raxoi, igual que outros monumentos repartidos por toda a xeografía española, iluminarase de lila polo Día Europeo da Síndrome X Fráxil, co obxectivo de concienciar sobre a realidade, tanto das persoas que padecen esta enfermidade, como dos seus familiares.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca a recuperación económica de Santiago, a cidade galega na que máis baixou o desemprego no último ano

08/10/2021

O alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe a recuperación económica de Santiago de Compostela nesta etapa de pospandemia, con indicadores, como o de emprego, mellores que antes da crise sanitaria. En setembro había rexistradas, no municipio, 4.873 persoas desempregadas, unhas 600 persoas menos que en setembro de 2019. E en relación a hai un ano, hai aproximadamente 2.000 persoas desempregadas menos. Son, sinala, "os mellores datos desde 2009, os mellores dos últimos 12 anos".

Ler máis

MOBILIDADE

Modificación dos aforos máximos permitidos nas prazas de pé no transporte urbano, que se establecen no 75%

08/10/2021

A partir das 00.00 h. de mañá sábado, día 9 de outubro de 2021, establécese, como límite de ocupación máxima nos autobuses urbanos, o 75% das prazas de pé. Así o recolle a Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago participa no "Encontro sobre Turismo de Reunións"

08/10/2021

O Concelleiro de Turismo, Singo Guinarte, participou este venres na Asamblea Xeral da Spain Convention Bureau, Rede de Cidades de Congresos constituida no marco da Federación Española de Provincias e da que forman parte 57 destinos españois. Santiago de Compostela forma parte desta rede a través do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso

07/10/2021

O venres 15 de outubro comeza un novo curso regular da Escola de Música d’aCentral Folque, que xa leva 21 anos de ensino en músicas populares galegas. Haberá aulas para todos os públicos e inquietudes en especialidades coma baile, sanfona, violino, gaita, canto, frautas, percusións, solfexo, análise musical de cancións tradicionais…A partir de xaneiro do 2022 haberá unha morea de cursos monográficos especiais e este ano inaugúrase a aula de acordeón piano na oferta educativa da escola, que foi presentada en rolda...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O ciclo de concertos e parolas "Flor Nova do Romanceiro Ibérico" arranca mañá nas parroquias rurais de Compostela

07/10/2021

O II ciclo Flor Nova do Romanceiro Ibérico traerá esta manifestación literaria de carácter oral, transmitida desde finais da Idade Media atA os nosos días, ás parroquias rurais de Compostela, poñendo en valor o seu patrimonio. O programa desenvolverase os días 8, 9, 15 e 16 de outubro, e abrangue concertos, parolas e vídeos de divulgación para todos os públicos.

Ler máis
Compartir: