TURISMO
Turismo de Santiago lanza a campaña "Somos Anfitrións" para captar turismo de congresos
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago, Mar Lorenzo, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron no Pazo de Raxoi a nova campaña do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago, dirixida á captación de turismo de congresos baixo o lema "Somos Anfitrións".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Preséntase a segunda edición de Compostela Somos Cultura, que ten como obxectivos apoiar o sector e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local
Hoxe presentouse a segunda edición da campaña #CompostelaSomosCultura, promovida pola oficina de Promoción Económica, no marco do Programa "Compostela Móvese 2021". Unha campaña que ten como obxectivos apoiar o tecido cultural compostelá, descubrir novos talentos; e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Inés Portela, coordinadora da comunicación e da producción audiovisual da...
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Os Premios Youtubeiras pechan este venres o prazo de inscrición para a súa quinta edición
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Santiago, das tres universidades e da Deputación da Coruña, pechan este venres, 22 de outubro, ás 23.59 h o prazo de inscrición para a súa quinta edición.
EDUCACIÓN E MOBILIDADE
RACE e Nacións Unidas poñen en marcha en Santiago o proxecto se seguridade viaria "Xuntos, o camiño máis seguro"
O Campus Sur acollerá do 19 ao 21 de outubro a campaña de formación e concienciación sobre seguridade viaria no camiño "Xuntos, o camiño máis seguro", que levan a cabo RACE e Nacións Unidas da man do Concello de Santiago. O acto de presentación tivo lugar no Pazo de Raxoi e contou coa participación do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; de Miguel Arias Cañete, presidente de honra da Fundación RACE; de Álex Mejía, director de UNITAR (Instituto de Nacións...
MERCADOS
O Recinto Feiral de Amio acolle de xoves a domingo a oitava edición do Salón do Vehículo de Ocasión
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o responsable da organización do evento, Fabián Saavedra, presentaron en rolda de prensa a oitava edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do xoves 21 ao domingo 24 de outubro. Acompañounos a responsable do recinto, Mónica Cañoto.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música acolle esta tarde o espectáculo "Breve historia da música", que repasa 700 anos de historia desta disciplina artística
O Auditorio da Escola Municipal de Música acolle, ás sete da tarde, o espectáculo ¨Breve historia da música clásica¨ a cargo de Fran Rei e Félix Rodríguez. Trátase dunha actividade destinada ao alumnado da Escola Municipal de Música que asiste, hoxe, ao ensaio do Coro e da Bandiña; unha representación que achega ao público a música culta a través do humor.
POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE
No Día Mundial contra o Cancro de Mama, a AECC alerta sobre a vulnerabilidade económica de moitas das mulleres que padecen a enfermidade
Un gran lazo rosa cubriu hoxe parte da Praza do Obradoiro, nun acto acto conmemorativo do Día Mundial contra o Cancro de Mama que rematou coa lectura dun manifesto no que se reivindicou "a necesidade de sumar esforzos para superar con máis facilidade", ese duro percorrido. Un camiño que, en moitas ocasións, vese dificultado "pola vulnerabilidade económica e social, como consecuencia do incremento dos gastos, a reducción de ingresos ou a perda do posto de traballo".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o pagamento das axudas para o rescate do comercio, das que se beneficiarán 481 establecementos
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o pagamento das axudas para o rescate do comercio, das que se van beneficiar 481 establecementos. Tamén deu luz verde á licitación dos contratos para as obras de acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo (Quintáns-Villestro) e de mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro; e acordou suprimir o mercado dos sábados en Fontiñas. Dos asuntos tratados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago acolle do 21 ao 24 de outubro o encontro do sector cultural e musical "SiSons Enclave Musical"
O evento, aberto ao público e no que haberá charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas, desenvolverase en distintos escenarios da cidade entre o 21 e o 24 de outubro. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o organizador, José Francisco Saavedra, presentaron o programa completo nunha rolda de prensa que rematou cunha interpretación da capela de Sheila Patricia, unhas das participantes.
POLÍTICAS DE IGUALDADE
O Concello de Santiago súmase ao "Día Europeo contra a trata de persoas"
"Se non mercas non hai trata". É o lema deste 18 de outubro, o "Día Europeo contra a trata de persoas", ao que o concello de Santiago se sumou cun punto de información na Praza do Toural, que visitou a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón.