ALCALDÍA
O Concello colabora coa Asociación contra o cancro no proxecto Roteiros Saudables
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración coa Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro para a posta en marcha do proxecto Roteiros Saudables. Por parte da AECC asistiu á firma Francisco Pais Rodriguez, presidente da Xunta local de Santiago, en representación do presidente da provincial, Manuel Aguilar.
POLÍTICAS SOCIAIS
O evento "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño" destinará todos os seus beneficios ao proxecto "Arte e Emocións" de ASOTRAME
O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación de "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño", un evento solidario a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME). Celebraráse o 29 e 30 de xaneiro no Museo Gaiás, na cidade da Cultura. É, segundo destacou a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro na presentación, "a primeira iniciativa de vodas con fins benéficos", xa que o 100% do seu beneficio, irá destinado ao proxecto "Arte e Emocións" de...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a licenza de obras para o edificio comercial e unidade de subministro de carburantes en Brandía, conforme establece a Lei de Hidrocarburos
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar á empresa Carburantes Lugo, SL, licenza de obras para edificio comercial e unidade de subministro de carburantes desatendida no Paseo de Esvedro- Paseo de Amaia, en Brandía, que conta cun orzamentos de execución material de 246.588,06 euros. Unha licenza que se concedeu, segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, por "unanimidade e por obrigación".
MEDIO AMBIENTE
O faladoiro "Arredor da economía circular" convoca en Compostela á ciencia e ao humor
O evento celebrarase o 2 de decembro no Teatro Principal e nel participará Manuel Vicente, Eva Quiroga, Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade forma parte do proxecto #EuCompost_ela, presentado hoxe polo Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia
TURISMO
Santiago promociónase en Barcelona como destino de turismo de reunións
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB) manterá máis de 35 reunións con organizadores de encontros profesionais no IBTM World, entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.
MEDIO AMBIENTE
O Carballo de Conxo imponse na fase nacional do certame Árbore Europea 2022
O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo está desde hoxe un paso máis cerca de chegar a ser a Árbore Europea do ano 2022 tras impoñerse na fase nacional do concurso ás restantes candidatas españolas. En total, a árbore galega obtivo 22.974 votos.
SEGURIDADE CIDADÁ
Volven os programas de educación viaria da Policía local
Co obxectivo de formar e educar a cidadanía en seguridade viaria traballa o Departamento de Educación Vial da Policía local de Santiago, que retomou este curso os seus programas con distintos colectivos logo do parón imposto pola pandemia.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais colaboran co Banco de Alimentos na campaña de recollida de alimentos
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais, colaboran co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida de alimentos previa ao Nadal.
EMPREGO
Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira virtual do talento
Máis de 50.000 persoas participaron en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudou a virtual por mor da pandemia. A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as videoconferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.
POLÍTICAS SOCIAIS
José Manuel Pichel destaca o gran labor social e de inclusión que realiza Special Olympics, durante a gala de entrega de medallas e trofeos da entidade
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, destacou hoxe o gran labor social que realiza a entidade Special Olympics Galicia, presidida por Eladio Fernández. Foi na "Gala de entrega das medallas e dos trofeos da liga de fútbol sala e baloncesto da liga Special Olympics Galicia.