ACCIÓN CULTURAL

O Concello homenaxea a Carlos Maside cunha estatua no Paseo da Ferradura

23/01/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inauguraron este domingo a peza realizada por Soledad Penalta que evoca un paseo do pintor Carlos Maside acompañado polos escritores Uxío Novoneyra e Manuel María pola Alameda compostelá. A súa localización será nas inmediacións da árbore dos namorados, no paseo dos Leóns. No acto tamén estiveron presentes, entre outros, a escultora; o presidente da Plataforma Carlos Maside, Xosé...

Ler máis

MOBILIDADE

Abre "O balcón das Brañas", a cafetería da nova estación Intermodal de Santiago de Compostela

22/01/2022

O local terá horario de 06.00 ás 24.00 horas e ofertará servizos a viaxeiros e tamén á cidadanía de Santiago para desfrutar das vistas ás brañas do Sar. Inclúe unha proposta gastronómica para ‘balconear’, un espazo ‘chill out’ e a programación de actividades culturais e artísticas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o acto de apertura.

Ler máis

DEPORTES

Arranca no Multiúsos Fontes do Sar a Liga Nacional infantil de Karate coa participación de case 700 nenos e nenas de toda a xeografía española

22/01/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo presidente da Federación Galega, Óscar Lafuente, e o presidente da Federación Española de Karate, Antonio Moreno, inaugurou o certame esta tarde. 648 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, pertencentes a 18 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional con Turespaña en Europa, América e Asia

21/01/2022

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade España e Turespaña presentaron hoxe en FITUR o Plan operativo 2021 que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Tamén se presentou hoxe o Plan de Acción con Paradores, para a promoción e comercialización conxunta e a creación de novos productos e se celebrou a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de Salamanca e coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

TURISMO

Santiago recibe en Fitur o Premio Sicted polo 20 aniversario da súa adhesión

20/01/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recolleu este xoves en FITUR o diploma que acredita os 20 anos da adhesión de Turismo de Santiago ao Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. O acto contou coa presenza de Fernando Valdés, secretario de Estado de Turismo, e Alfonso Rodríguez Badal, presidente da Comisión de Turismo da Federación Española de Municipios e Provincias.

Ler máis

DEPORTES

O Multiúsos do Sar acolle esta fin de semana o arranque da Liga Nacional infantil de Karate coa participación de case 700 nenos e nenas de toda a xeografía española

20/01/2022

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da Federación Galega, Óscar de la Fuente, e o presidente da Federación Española de Karate, Antonio Moreno, presentaron a Liga Nacional de Karate, cuxa primeira fase se desenvolverá no Multiúsos Fontes do Sar o 22 e 23 de xaneiro. 648 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, pertencentes a 18 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Ler máis

TURISMO

Santiago presenta en FITUR o seu patrimonio natural e lanza a candidatura do Carballo de Conxo a Árbore Europea de 2022

19/01/2022

Xosé Sánchez Bugallo recolleu en FITUR o premio que acredita ao Carballo de Conxo como Árbore Española do Ano 2022 e deu a coñecer a candidatura para acadar o título de "Tree of the Year", a nivel europeo. Tamén se presentou a campaña "Santiago, Patrimonio natural", que busca por en valor as zonas verdes da capital galega como atractivo turístico.

Ler máis
Compartir: