DEPORTES

Santiago acolle este sábado os campionatos de Galicia de Loitas Olímpicas e de Grappling-Gi coa participación de case 200 deportistas

28/01/2022

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, e o director técnico, Pablo Pintos, presentaron os campionatos de Loita Olímpica e Grampling-Gi que se celebrarán no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado 29 de xaneiro. A cita deportiva conta cun total 190 inscritos nas dúas disciplinas procedentes de 21 equipos que competirán polos títulos nas diferentes categorías a nivel rexional.

Ler máis

PLENO

O Pleno manifesta o seu apoio a Tanxugueiras con motivo da súa participación no Benidorm Fest como candidatas a representar a España en Eurovisión

27/01/2022

Nunha sesión ordinaria celebrada esta mañá, o Pleno da Corporación aprobou unha moción de urxencia conxunta de todos os grupos municipais para deixar constancia do seu apoio ao grupo Tanxugueiras que están a participar actualmente no Benidorm Fest, onde se decidirá a súa posible participación no Festival de Eurovisión.

Ler máis

ALCALDÍA

Nace o Consello Municipal de Persoas Maiores, un órgano para impulsar o envellecemento activo e o diálogo cos poderes públicos

26/01/2022

O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Municipal de Persoas Maiores que servirá para garantir a participación activa deste colectivo na vida da cidade, mediante a formulación de propostas, consulta e colaboración coa administración local. O Consello conta polo momento con once vocais procedentes de entidades, asociacións e grupos políticos, pero está aberto a novos participantes.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Santiago presenta un libro que homenaxea aos músicos xubilados da formación

26/01/2022

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o libro ‘Re-encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021)’; acompañados dos seus autores, Carlos Cabaleiro e Judith Rey; e do director da Banda, David Fiuza. Rosón uniuse á homenaxe agradecendo aos músicos retirados que asistiron ao acto, "a defensa que sempre fixeron pola nosa banda".

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros estrean un novo vehículo para tarefas de extinción de incendios e salvamento

25/01/2022

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación do novo vehículo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento co que van contar dende hoxe os Bombeiros de Santiago. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín.

Ler máis
Compartir: