MEDIO AMBIENTE
O Concello lanza a iniciativa #1Cole1Bosque, dentro da campaña "Vota Carballo"
O Carballo de Conxo está a competir durante este mes de febreiro no certame Tree of the year para converterse na árbore europea de 2022. No marco desta campaña o Concello de Santiago está a realizar unha serie de iniciativas co obxectivo de pór en valor e incrementar os espazos naturais cos que xa conta a capital de Galicia. Nesta ocasión anima os colexios do municipio a sumarse á campaña e así poder contar cun bosque bautizado co nome do propio centro.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Marta Abal destaca que a consolidación do galego nos medios de comunicación é fundamental para a súa supervivencia
A concelleira de Economía e Modernización da Administración Local, Marta Abal, participou hoxe no "Día dos medios en galego. Bota a lingua a pacer", organizado por AMEGA, a Asociación de Medios en Galego. Na súa intervención, Abal destacou que a consolidación do noso idioma nos medios de comunicación "é fundamental para a súa supervivencia".
ACCION CULTURAL
Mercedes Rosón aposta, na presentación do libro sobre o castelo da Rocha Forte, por seguir recuperando a memoria "dun elemento fundamental na historia compostelá"
A Concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón asistiu hoxe á presentación do libro "Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval". Na súa intervención sinalou que esta publicación "é un paso máis na recuperación da memoria do acontecido na Rocha Forte", un "elemento fundamental da historia compostelá".
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio impulsa grandes eventos culturais e deportivos en 2022 como ‘A Noite do Patrimonio, o Circuíto de Carreiras e o Ciclo de Música de Cámara
O presidente da Comisión de Cultura e alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, afirma que "2022 é o ano da recuperación turística e o Grupo vai celebrar grandes eventos culturais e deportivos nos centros históricos das 15 cidades". A quinta edición da Noite do Patrimonio celebrarase o 17 de setembro e a décima edición do Ciclo de Música de Cámara percorrerá de outubro a decembro distintos espazos patrimoniais. En 2022 retómase tamén o Circuíto de...
MEDIO RURAL
Abre ao tráfico a Ponte de Vidán despois das obras de reparación e consolidación
A Ponte de Vidán xa está aberta ao tráfico, tanto rodado coma peonil, dende a tarde de onte, unha vez rematadas as obras de reparación e consolidación. A liña de transporte urbano P2 recupera o seu itinerario habitual a partir de mañá, sábado 5.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control de camións e autobuses
O Concello de Santiago, a través da Policía Local, súmase un ano máis á campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) entre o 7 e 13 de febreiro.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "Sinfonía de Culturas" dentro do ciclo "Rutas e Sinfonías"
O Auditorio de Galicia inaugura este domingo un ciclo de concertos dedicados ás sinfonías como expresión formal de gran eclecticismo e liberdade compositiva, con pezas de Kees Vlak, Percy Aldridge Grainger, Michele Mangani e Adam Gorb.
FACENDA
A Xunta de Goberno Local aproba o orzamento xeral do Concello de Santiago para 2022, que ascende a case 130 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe o proxecto de "Orzamento Xeral do Concello de Santiago de Compostela e o seu anexo de persoal para o exercicio 2022", que ascende a 129.829.373,12 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN
Elevada participación no Programa Municipal de Conciliación durante este Nadal
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta dos resultados da nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Nadal en rolda de prensa, na que valorou positivamente a concorrencia de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos ás actividades ofertadas.
EDUCACIÓN
As Escolas Infantís Municipais acollen o XI ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.