CENTROS SOCIOCULTURAIS

O alumnado do Rodríguez Xixirei participa no programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización"

25/02/2022

O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, visitou o colexio Rodríguez Xixirei, de Lavacolla, onde un grupo de 19 alumnos e alumnas participou nun obradoiro do programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización". Un proxecto que pretende abordar simultaneamente as crisis sanitarias e climáticas nas que nos atopamos a través dunha proposta educativa interxeneracional na que conxugar as necesidades e intereses da mocidade e a terceira idade.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a Universidade de Salamanca organizan o Seminario "A xestión das Cidades Patrimonio Mundial"

24/02/2022

"Resiliencia e sustentabilidade" son os dous grandes retos que se abordarán nas xornadas do 10 e 11 de marzo, organizadas polo GCPHE en colaboración co Máster en Avaliación e Xestión do Patrimonio Cultural da USAL, o Ministerio de Cultura e Deporte e o concello de Salamanca. No Seminario tamén participarán expertos en cada unha das temáticas, contando coa presenza de técnicos especialistas do Concello de Santiago e da USC.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a licitación do Servizo da oficina técnica do proxecto Smartiago

24/02/2022

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a licitación do "Servizo de oficina técnica do proxecto Smartiago" e acordou abrir o procedemento de adxudicación correspondente, establecendo un tipo de licitación de 132.439,19 euros, IVE engadido.

O proxecto Smartiago é xa un caso exitoso de Compra Pública de Innovación, que supón o establecemento das bases para a construción dunha cidade intelixente sobre os criterios de eficiencia, adaptabilidade e replicabilidade.

Ler máis

MOBILIDADE

A plataforma loxística de distribución de mercadorías, incluída na resolución provisional das axudas a municipios do Ministerio de Transportes procedentes dos Fondos Next Generation EU

24/02/2022

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, publicou a "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico de Santiago de Compostela", cun importe total a otorgar de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Ler máis

EDUCACIÓN

Homenaxe do alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago a Rosalía de Castro

24/02/2022

Unhas 80 persoas, entre alumnado e profesorado, participaron esta tarde na homenaxe a Rosalía de Castro que tivo lugar ante o monumento que a recorda, na Alameda de Compostela. Os alumnos e alumnas de gaita e percusión da escola, xunto co Coro Xuvenil, e os alumnos e alumnas de Música e Movemento, interpretaron, ante o conxunto escultórico, a "Alborada".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Compostela homenaxea a Rosalía no 185 aniversario do seu nacemento

23/02/2022

Por primeira vez na historia dedícase o 23 de febreiro á autora galega, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron a un acto de homenaxe á poeta compostelá que tivo lugar no bosque do Banquete de Conxo, coincidindo cos últimos días de votación para que o carballo compostelán se faga co título de Árbore...

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago acolle a Asemblea xeral do Eixo Atlántico no 30 aniversario da entidade

23/02/2022

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, foi elixida presidenta do Eixo Atlántico na Asemblea Xeral celebrada hoxe en Santiago de Compostela coincidindo co 30º aniversario da entidade, como recoñecemento ao Camiño e ao sector turístico. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tamén participou na xuntanza na que se aprobaron o programa e os orzamentos para este ano.

Ler máis
Compartir: