MEDIO AMBIENTE

Últimas horas para votar polo Carballo de Conxo na axustada competición por ser a Árbore de Europa

28/02/2022

Hoxe, luns 28 de febreiro, ás 23:59 horas, rematará a votación internacional que elixirá á Árbore de Europa 2022, que aínda se pode votar a través da web do certame: www.treeoftheyear.org/Vote. Ademais, no marco da campaña #1Voto1Árbore esta mañá foron plantados outros 1.567 novos carballos, froito da colaboración do Concello con empresas locais que participaron activamente nesta campaña: Inserta da Fundación ONCE, Alda Hotels, Balidea, Clece ou Limpiezas Salgado. A día de hoxe,...

Ler máis

MEDIO RURAL

Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina

27/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe o local sociocultural da Peregrina, despois das obras de mellora e acondicionamento do centro que agora, unha vez rematados os traballos, se pon a disposición da veciñanza. Ao acto asistiron numerosos veciños e veciñas, entre eles Encarna Pérez Miramontes, presidenta da asociación veciñal Río Sarela da Peregrina.

Ler máis

MOBILIDADE

O Concello de Santiago e a ONCE presentan o proxecto piloto de avisadores nos semáforos para persoas con discapacidade visual

26/02/2022

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, fixo entrega ao director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa, de dez mandos a distancia que permitirán a persoas invidentes ou con alguna discapacidade visual, activar os avisadores acústicos instalados en varios semáforos da cidade. Mediante este sistema, o viandante pode usar o mando ou o seu móbil para accionar unha sinal acústica que lle axudará a moverse polas rúas.

Ler máis

MOBILIDADE

O alcalde de Santiago, satisfeito coa resolución provisional das axudas Next Generation para a plataforma loxística de mercadorías

25/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse hoxe satisfeito coa "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías de Santiago de Compostela". O importe da axuda é de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Ler máis

FESTAS

O Entroido compostelán arranca esta fin de semana co tradicional desfile do Meco

25/02/2022

Tras un ano de interrupción por mor da pandemia, iniciase mañá unha nova edición das festas do Entroido, cunha volta case total das actividades ás rúas. Como punto de partida do programa deste ano, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña mañá sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco será queimado na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido queda suspendido a consecuencia dos efectos da sexta vaga.

Ler máis

TURISMO

A Xunta de Confrarías co apoio do Concello presenta a programación da Semana Santa, que recupera as procesións e unha ampla actividade relixiosa e cultural

25/02/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz presentaron esta mañá en rolda de prensa a programación da Semana Santa 2022. Haberá un total de 15 procesións, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e unha histórica procesión de traslado. O pregón terá lugar unha semana antes do inicio dos desfiles procesionais e a persoa elixida para esta edición será a periodista compostelá Paula Pájaro.

Ler máis
Compartir: