IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Pozuelo (Madrid), vítima de violencia machista.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e o Ministerio de Cultura reúnense en Segovia para impulsar os plans de xestión
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e representantes do Ministerio de Cultura reuníronse hoxe na Real Casa da Moeda de Segovia para impulsar os plans de xestión. Ao encontro asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde de Santiago destaca a aposta do Concello pola investigación, durante a inauguración de "BioGalicia Summit"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na inauguración de "BioGalicia Summit", o encontro internacional biotech que conta con firmas galegas de referencia da biotecnoloxía no ámbito da saúde e no sector agroalimentario. O rexedor destacou a aposta do Concello pola innovación, e amosou o desexo de que "esa capacidade de investigación se transforme en industria e emprego".
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago enviará material de primeira necesidade á poboación ucraína a través de Protección Civil
Desde hoxe mesmo, particulares, empresas e organismos que queiran aportar o seu gran de area, poderán doar material sanitario, produtos básicos e alimentos non perecedoiros para o seu envío e distribución entre as vítimas da guerra en Ucraína. Protección Civil de Santiago encargarase da xestión de todas as achegas que poderán ser depositadas na sede ou recollidas á domicilio previo aviso. Ademais o Concello, en solidaridade co pobo de Ucraína, iluminará a fachada do Pazo de Raxoi coas cores da bandeira do...
DEPORTES
O pavillón do Santa Isabel acollerá este sábado o Campionato Galego Infantil de Karate, no que participan 219 karatekas de entre 5 e 13 anos
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de Kárate e D.A. (Disciplinas Asociadas), Óscar Lafuente , presentaron o Campionato Galego Infantil de Kárate, que se vai celebrar o día 5 de marzo no pavillón municipal de Santa Isabel. A concelleira destacou o número de participantes inscritos, 219, procedentes de 27 clubs de toda Galicia que competirán, a nivel individual, nas modalidades de kata e kumite.
ACCIÓN CULTURAL
A terceira edición da Festa do Banquete de Conxo celebraráse o próximo 21 de maio
A terceira edición da Festa do Banquete de Conxo terá lugar o próximo 21 de maio, segundo confirmou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Precisamente hoxe celébrase o 166 aniversario deste acto de igualdade que deixou unha enorme e influinte pegada na historia contemporánea de Compostela.
EDUCACIÓN
Área Central acolle, entre o 3 e o 6 de marzo, a oitava Feira de Minerais, na que colabora o Concello de Santiago
A oitava edición da Feira de Minerais de Santiago terá lugar desde este xoves ata o domingo no centro comercial Área Central e contará cunha trintena de postos con minerais, fósiles e pezas de xoiaría. Este ano, a novidade será un posto de venda de meteoritos atopados por todo o mundo. Na presentación, esta mañá, estiveron o concelleiro de Educación, Rubén Prol, Alejandro Rodríguez, organizador da feira e Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central.
MEDIO AMBIENTE
A veciñanza de Santiago colabora con proxectos sociais e ambientais a través do sistema RECICLOS
Os máis de 12.100 usuarios de RECICLOS en toda Galicia, 2.783 en Santiago, doaron case 300.000 puntos obtidos ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas, para apoiar o labor do Banco de Alimentos e Cruz Vermella, ademais de oenegués locais. Este Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) está xa instalado en máis de 1.802 contedores amarelos de toda Galicia, dos cales 599 foron instalados en Santiago, a primeira cidade en unirse á iniciativa, grazas a colaboración do Concello con Ecoembes.
ALCALDÍA
Os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro estarán operativos a partir do 11 de marzo
A partir do 11 de marzo poderánse solicitar os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, que estará operativos ata o 31 de maio. Anunciouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, despois de mater esta mañá, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, unha reunión coa Asociación de Comerciantes de Concheiros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a renovación de 23 solicitudes de autorización de venda ambulante
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa reunión de hoxe, a renovación de 23 solicitudes de autorización de venda ambulante, 8 de artesanía, 13 de tempada (recordos) e dúas de xeados e castañas.