XUNTA DE GOBERNO

Mañá, 22 de marzo, ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa, que contará con 100 prazas e se desenvolverá no CEIP Quiroga Palacios

21/03/2022

Mañá martes, 22 de marzo, ábrese o prazo de inscrición e matrícula no "Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2022" do Concello de Santiago, que terá lugar os días 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022 nas instalacións do CEIP Quiroga Palacios. Son, en total, 100 prazas. A memoria do programa, ofertado a través do departamento de Educación, aprobouse hoxe en Xunta de Goberno.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Santiago e outros 17 concellos galegos únense a prol do idioma coa creación de Alingua, unha asociación cooperativa para fomentar proxectos conxuntos de dinamización lingüística

21/03/2022

Compostela, xunto coa Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa son os municipios impulsores dunha entidade que procurará "proxectar o galego con fachenda" e "poñer o noso idioma no mundo". Alingua darase a coñecer cunha campaña de difusión que inclúe contidos promocionais nos medios e nas redes, sorteos para restaurantes do Grupo Nove ou a implicación de...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación do espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo

21/03/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do expediente denominado "Deseño, produción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo 2022", e a apertura do procedemento de adxudicación por 294.630,62 euros. Tamén deu luz verde, hoxe, a autorización do uso privativo de espazos no parque da Alameda de Santiago para colocación de postos durante as Festas da Ascensión e do Apóstolo de 2022 e 2023, e a apertura do procedemento aberto de adxudicación,...

Ler máis

MOBILIDADE

Asinado o convenio entre o Concello e Decathlon Santiago para a realización de actividades de formación en materia de seguridade viaria e a organización de eventos deportivos

19/03/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e do xefe da Policía Local, José Ramón Silva, asinou coa directora de Decathlon Santiago, Yael Andrea Girabel, un convenio para o desenvolvemento de actividades formativas no ámbito da seguridade viaria e a prevención de accidentes no relativo ao manexo e condución de bicicletas, na organización e colaboración da marcha ciclista escolar promovida polo Concello de Santiago e o Decabike, promovido por...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral con espectáculos e a lectura dun Manifesto

18/03/2022

Co gallo do Día Internacional da Narración Oral o próximo 20 marzo, unha vintena de artistas percorrerán varias cidades e vilas de Galicia, entre elas Santiago, para celebrar a arte máis antiga do mundo. O Manifesto, escrito por Antonio Reigosa, repartirase a partir de hoxe en centros de ensino e bibliotecas para lembrar a importancia e a necesidade das historias a viva voz.

Ler máis
Compartir: