XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá un novo paso cara á protección do mural pintado polo artista galego Urbano Lugrís
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a aprobación provisional da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) co obxectivo de garantir a protección do mural pintado polo artista galego Urbano Lugrís no edificio situado na rúa do Franco, 56. Deste e doutros asuntos aprobados polo executivo local esta mañá deu conta a voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde á convocatoria de axudas a actividades culturais para o sector profesional que inclúe os festivais como novidade
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2024 que contará cun orzamento de 250.000 euros e incluirá por primeira vez unha modalidade específica para os festivais de música e de artes escénicas.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto do Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto básico e de execución das obras de acondicionamento do futuro Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche, que estará situado na antiga sede da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo. A actuación ten un orzamento dalgo máis dun millón de euros, e estímase un prazo de execución de 10 meses.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller falecida en Girona o pasado 10 de xuño, vítima de violencia de xénero.
DEPORTES
Santiago de Compostela participará con 49 deportistas en 6 modalidades distintas nos XV Xogos do Eixo Atlántico
Centos de mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal competirán durante unha semana en Vila Nova de Famalicão e en Braga na XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que arrancan o vindeiro domingo 30 de xuño.
ALCALDÍA
Compostela conta desde hoxe cun novo equipamento para a veciñanza coa apertura da Casa das Máquinas
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, participaron esta mañá no acto de apertura da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras, que se converte dende hoxe nun novo espazo dentro da rede de equipamentos socioculturais cos que xa conta Santiago. Asistiron tamén membros da corporación e representantes de diferentes asociacións e colectivos tanto do barrio como do conxunto de Compostela.
CONVIVENCIA
Compostela festexará o San Xoán con 37 cacharelas e sardiñadas públicas e 630 privadas
O Concello de Santiago autorizou un total de 4 cacharelas, 17 cacharelas con sardiñadas e 16 sardiñadas en espazos públicos ao longo desta fin de semana. Tamén se concederon os permisos para a realización de 630 cacharelas en zonas privadas.
XUVENTUDE
O Centro Xove da Almáciga pon en marcha actividades de verán para os mozos e mozas ata os 35 anos
O Centro Xove da Almáciga pon en marcha unha programación especial para este verán, con actividades que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto. As actividades foron presentadas hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. María Rozas explicou que "aínda que no verán adoitamos poñer o foco na conciliación e nas crianzas máis pequenas, entendemos que é moi importante que os mozos e mozas teñan unha oferta lúdica...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid o pasado 18 de xuño, vítima de violencia de xénero.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Praza Roxa acolle o Mercado das Alfaias "para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable"
A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola Concellaría de Dereitos e SErvizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, en colaboración coa asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.