PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello de Santiago e a Unión de Cooperativas EspazoCoop continúan o seu traballo en prol da economía social
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa "Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social" con actividades dirixidas a prescriptores de emprego e emprendedores do terceiro sector. Esta proposta forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago, cuxo obxectivo é o desenvolvemento económico local a través da fórmula cooperativa.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago pon á disposición da cidadanía o cemiterio da Orde Terceira Franciscana
Esta mañá, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o cemiterio da Orde Terceira Franciscana, situado xunto á capela do mesmo nome, no campiño de San Francisco, tralos traballos de recuperación desenvolvidos dende o ente interadministrativo. No acto, tamén estiveron presentes a xerente do Consorcio, Belén Hernández, e os arquitectos Lourdes Pérez e Xosé Allegue, directora da oficina técnica do Consorcio de Santiago e responsable do proxecto, respectivamente.
ALCALDÍA
Festa do Banquete de Conxo 2022
O programa da Festa do Banquete previsto inicialmente para o día 22 de maio e aprazado con motivo das condicións metereolóxicas desfavorables, terá lugar finalmente este domingo 29 de maio.
SAÚDE
O Concello e ALCER suman esforzos para concienciar a poboación sobre a necesidade de doar órganos
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañadas por Alfredo Saborido, coordinador da Asociación para a loita contra as enfermedades de ril (ALCER), presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña "Doar é doado" que pretende sensibilizar a distintos colectivos da poboación sobre a doazón de órganos.
ACCIÓN CULTURAL
Fran Rodríguez Casal presenta ‘Da túa man para a miña’, a segunda das intervencións seleccionadas para a Zona C
Rodríguez Casal presentouse á modalidade de proxectos de creación artística que busca dar visibilidade á creación artística emerxente dentro do espazo da Zona C, na praza de Cervantes. A intervención inaugúrase esta mesma tarde, ás 20:00 h, coa presenza do artista; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e a actuación da cantautora galega Su Garrido Pombo
DEPORTES
Este sábado 24 de abril pecha o prazo para inscribirse na carreira nocturna SantYaGo 10K, incluída no circuíto de carreiras Patrimonio da Humanidade
O vindeiro sábado 30 de abril, Santiago acollerá a partir das 22:00 horas a VI edición da Santyago 10K, organizada polo Club Atletismo Fontes do Sar. Trátase dunha proba federada e homologada de 10km que discorrerá integramente nun circuíto urbano de asfalto e empedrado, con saída e meta desde o corazón da cidade, a Praza do Obradoiro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas dúas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola nai e a súa filla asasinadas en Lloret de Mar (Barcelona) e pola muller asasinada o pasado día 15 na capital catalá, últimas vítimas de violencia machista.
ALCALDÍA
Nova xuntanza da Comisión mixta de Peleteiro, coa participación da propiedade
A Comisión mixta de Peleteiro mantivo hoxe unha nova xuntanza na que, ademais das asociacións representadas, todos os grupos políticos, os técnicos municipais, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou a propiedade da parcela.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello programa unha serie de roteiros sobre o levantamento do 1846 en Santiago e a figura de Antolín Faraldo
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Oscar Senra Gómez, de Maos S. Coop, e Mercedes Vázquez Bertomeu, de deHistoria, presentou esta mañá o paseo guiado "O levantamento de 1846", organizado polo Concello para conmemorar os 200 anos do nacemento de Antolín Faraldo (1822-1853), figura fundamental neste momento histórico no que a nosa cidade tivo un protagonismo especial.
CIDADES PATRIMONIO
Turismo de Santiago participa na xornada formativa "Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade organiza este encontro en Úbeda (Jaén) no que se analizarán as mellores prácticas postas en marcha nestes 15 destinos. No encontro, Turismo de Santiago dará a coñecer os traballos vinculados ao Proxecto BODAH e outras iniciativas como exemplo de boas prácticas como a iluminación da Alameda no Nadal.