ACCIÓN CULTURAL
'Utópicas', un proxecto para transformar Compostela desde a arte
Ata o 11 de maio está aberta a convocatoria de colaboradoras/es destinada a conformar comunidades de aprendizaxe e creación artística e colaborar nas cinco ideas preseleccionadas dun total de trinta proxectos. Producido polo Auditorio de Galicia e deseñado por 7H Cooperativa Cultural, esta iniciativa reivindica a importancia da cultura para fomentar vínculos comunitarios.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada, por vía de urxencia, a convocatoria de ocupación de vía pública na Alameda para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou este mediodía o expediente de tramitación urxente que ten por obxecto a convocatoria pública para a autorización da "Ocupación de vía pública no Parque da Alameda de Santiago de Compostela para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo do ano 2022", establecendo un canon mínimo de 94.646,41 euros.
O prazo para a presentación das proposicións fíxase en 8 días naturais....
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as "Bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de actividades de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2022", que conta cun orzamento de 30.000 euros. Dos acordos adoptados, informou o concelleiro e secretario da Xunta de Goberno, Sindo Guinarte.
ALCALDÍA
O Eixo Atlántico presenta o seu primeiro Informe Socioeconómico
O estudo, realizado polo catedrático Fernando González Laxe e o profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa, realiza unha análise da conxuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do norte de Portugal en 2021. A publicación foi presentada esta mañá nun acto que contou coa intervención do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
PLENO
O alcalde marca como obxectivos no debate do estado do municipio continuar traballando, a pesar da crise, pola igualdade, na diversificación do tecido económico e na aposta pola innovación e o emprendemento
O Pleno da Corporación celebrou este sábado 23 de abril o debate do estado do municipio, que volveu á presencialidade logo de que o ano pasado a pandemia obrigase a facelo de forma telemática. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, fixo un repaso á xestión municipal ao longo de 2021 e reafirmouse nos retos marcados para o 2022, a pesar "desta crise, que nos está obrigando a reestruturar a nosa orde de prioridades", pero que "non altera os obxectivos fundamentais que tiñamos marcados". Entre...
CONSORCIO
Aprobado o proxecto de mellora enerxética da fachada nobre do Pazo de Raxoi
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago tamén aprobou o proxecto da nova pasarela que unirá a dous corpos o conxunto de San Domingos de Bonaval e o acondicionamento da contorna da Colexiata de Sar.
UNINOVA celebrou un novo Consello no que se presentou o proxecto da plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico
Está mañá celebrouse no Pazo de Raxoi un novo Consello de Administración da Uninova (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L), da que o Concello de Santiago é socio maioritario cun 80% das accións. Durante a xuntanza, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presentou ao Consello o proxecto de "Plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico de Compostela", do que se aprobou o tarifario proposto pola sociedade.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "O camiño da lírica" dentro do ciclo "Rutas e Sinfonías"
O Teatro Principal acolle este domingo un novo concerto da Banda Municipal no que contará coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. Ambas agrupacións suman sinerxías nun programa de música lírica protagonizado pola voz soprano solista de Mar Morán, de recoñecida traxectoria internacional, baixo a batuta do director da BMSC David Fiuza.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
O Concello acolle unha xuntanza para poñer coto ao aparcamento en Lavacolla fóra das zonas permitidas
O Pazo de Raxoi acolleu este mediodía unha xuntanza para abordar o problema que se vén detectando no entorno do aeroporto de Lavacolla de aparcamento de vehículos fóra das zonas específicamente habilitadas para esa función.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello de Santiago e a Unión de Cooperativas EspazoCoop continúan o seu traballo en prol da economía social
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa "Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social" con actividades dirixidas a prescriptores de emprego e emprendedores do terceiro sector. Esta proposta forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago, cuxo obxectivo é o desenvolvemento económico local a través da fórmula cooperativa.