CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais abre o prazo de inscripción para as actividades do programa "Vive o verán 2022"

03/05/2022

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado polo concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou hoxe o primeiro bloque de actividades do programa "Vive o verán" que se desenvolverá ao longo do mes de xullo nos CSC de Santiago, e que está dirixido aos máis cativos da casa. En total, ofertarase un total de 942 prazas entre as iniciativas Cativadas de Verán, os Clubs de Verán e as Aulas de Creatividade.

Ler máis

IGUALDADE

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Tarancón (Cuenca), última vítima de violencia machista.

03/05/2022

Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba ampliar ata maio de 2024 o prazo para presentar os Informes de Avaliación dos Edificios de máis de 50 anos

02/05/2022

A Xunta de Goberno aprobou hoxe ampliar ata o 20 de maio de 2024 o prazo máximo de presentación dos informes de Avaliación dos Edificios (IAE), para o caso dos edificios catalogados e o resto de edificios cunha antigüidade de mais de 50 anos. Foi un dos asuntos dos que informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en Rolda de prensa.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello presentou á convocatoria de axudas PIREP os proxectos de rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel e do Polideportivo de Vite

29/04/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta, en rolda de prensa, das dúas propostas que o Concello presentou ao "Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) Local – Liña 1 - 2022": a rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel e a do polideportivo municipal de Vite. Escolléronse, sinalou, por dúas razóns: porque o "investimento mínimo ten que ser de medio millón de euros" e porque son "dúas instalacións públicas cun...

Ler máis

PLENO

O alcalde de Santiago defende o emprazamento en Mallou da plataforma loxística de distribución de mercadorías

28/04/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu, na sesión plenaria de hoxe, a ubicación da plataforma loxística de mercadorías na parcela dotacional IA-8, incluida no sector de solo urbanizable delitimado de Mallou SUD-1. As razóns argumentadas son as condicións de conectividade e cercanía cos puntos de distribución; e porque xa está en marcha "a expropiación necesaria para completar a parcela; e a a tramitación do Plan Especial necesaria para poder acometer a actuación".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares

27/04/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a "Convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022/2023".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Constance Hurlé presenta ‘Sem grana e sem frescura’, residencia literaria que se celebrará na Zona C

27/04/2022

A Zona C acolle por vez primeira unha residencia literaria, que vén de concorrer á convocatoria de intervencións artísticas para este espazo, na modalidade de proxectos de creación literaria. No marco do proxecto celébrase un taller de escrita creativa os días 11,18 e 25 de maio e 1,8 e 15 de xuño, para o cal está aberto o prazo de inscrición ata o venres 6 de maio

Ler máis

DEPORTES E MOBILIDADE

Santiago acolle este sábado a carreira nocturna SantyaGo 10k

27/04/2022

O vindeiro sábado día 30 de abril celebrarase na cidade a VI carreira SantYaGo10K Cidades Patrimonio da Humanidade, unha importante proba atlética de 10.000 metros na que está previsto que participen arredor de 1.500 corredores. Está organizada polo Concello de Santiago e o Club de Atletismo Fontes do Sar, coa participación da Real Federación Española e Federación Galega de Atletismo. Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido estarán pechadas ao tráfico.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN

O Concello de Santiago oferta 315 prazas de conciliación nos Centros Socioculturais e no Espazo de Lecer María Miramontes para este verán

26/04/2022

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e o de Educación, Rubén Prol, presentaron hoxe en rolda de prensa os programas de conciliación de ambos departamentos para o período de verán, que unidos aos da Concellaría de Medio Rural, suman un total de 315 prazas. Nos próximos días tamén se engadirá a esta cifra, as prazas de conciliación para este verán nos centros escolares de Santiago.

Ler máis
Compartir: