COMERCIO

"Prima 22. A festa do comercio local" dinamizará na segunda fin de semana de xuño diferentes barrios da cidade

30/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e ás asociacións a participar na terceira edición de "Prima 22. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 9, o venres 10 e sábado 11 de xuño de 2022 en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "que pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía...

Ler máis

ALCALDÍA

O día grande da Festa do Banquete de Conxo celébrase este domingo

27/05/2022

A Carballeira de Conxo acollerá finalmente este domingo o xantar e a romaría popular da Festa do Banquete, na que a cidadanía poderá desfrutar das diversas recreacións teatrais deste evento histórico, actuacións musicais e o ambiente de troula. Esta xornada festiva, prevista inicialmente para o día 22 de maio, tivo que ser aprazada por mor do mal tempo.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Cortan os circuitos de aire e o cableado eléctrico de varios vehículos de recollida de lixo

26/05/2022

A Policía Nacional investiga a sabotaxe acontecido a pasada noite do 25 de maio na nave que a empresa concesionaria do servizo de limpeza do concello de Santiago de Compostela, Urbaser, ten no Polígono do Tambre. Cortaron os circuitos de aire e o cableado eléctrico de varios vehículos de recollida de lixo. Son cortes limpos, realizados, segundo o parte da policía local, e tal e como se pode apreciar nas fotografías adxuntas "cun obxecto cortante".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado inicialmente o plan especial que permitirá implantar a plataforma loxística de mercadorías na parcela de equipamento institucional IA-8 de Mallou

25/05/2022

A Xunta de Goberno Local acordou aprobar inicialmente o "Plan especial de infraestruturas e dotacións" na parcela de equipamento IA-8 para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello de Santiago. Segundo informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, a localización, xunto á rotonda de Meixonfrío, entre a Av. de Asturias e a Av. da Coruña, é a máis idónea, para "o funcionamento operativo do servizo", que permite establecer un novo modelo...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Volve o festival de artes performativas Plataforma do 9 ao 18 de xuño

25/05/2022

O festival ofrecerá entre o 9 e o 18 de xuño, múltiples propostas entre as que destacan o primeiro proxecto de Marta Pazos tras a disolución de Voadora, accións performativas de Chévere, Daniel García Andújar ou María Salgado con Fran MM Cabeza de Vaca e colaboracións artísticas entre creadores como Chus Pato e Rodríguez-Méndez ou Macarena Montesinos coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

UNINOVA celebra hoxe o segundo CaféCon do proxecto SPIN_UP

25/05/2022

O Edificio Emprendia (Campus Vida) acolleu esta mañá o segundo CaféCon, unha xornada de networking dirixida ás iniciativas participantes e aos socios de SPIN_UP, proxecto de cooperación transnacional Galicia-Norte de Portugal que pretende fomentar o desenvolvemento empresarial e apoiar o emprendemento universitario neses territorios.

Ler máis
Compartir: