CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa Vive o Verán 2022 oferta 2.000 prazas para un cento de sesións de actividades como música ao vivo, baile, esgrima, roteiros ou obradoiros

02/06/2022

Hoxe comezan a desenvolverse as actividades do programa "Vive o Verán 2022", organizado pola rede de Centros Socioculturais, que oferta, nos meses de xuño e xullo, aproximadamente 2.000 prazas para actividades culturais e de ocio, repartidas en 100 sesións en diferentes localizacións e horarios. A primeira das actividades é Terrazeando, unha proposta novidosa de música en vivo que terá lugar hoxe, ás oito e media do serán, no CSC de Santa Marta.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Delas Fest presenta o cartel da súa cuarta edición

02/06/2022

As artistas urbanas Mariana Santos, Ceciro, Udatxo e Nana serán as encargadas de realizar os catro novos murais do festival feminista de arte urbana e contextual que hoxe foi presentado no Concello de Santiago pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social no Concello de Ames; Sandy Cebral, concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Brión; e Sara Alonso, socia-traballadora de 7H Cooperativa Cultural.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A música e a literatura protagonizan a Selic 2022

01/06/2022

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentaron esta mañá a sexta edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela, que se celebrará do 10 ao 19 de xuño na praza do Toural. Co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer o potencial editorial e literario da nosa cidade, máis de 20 librarías e editoras, 70 autoras e autores e de 50 obras participarán neste festival que tamén contará coa presenza de músicos recoñecidos como Santiago...

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociónase en Frankfurt como destino de Congresos e Incentivos

01/06/2022

Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), está presente no IMEX Frankfurt, a feira profesional de turismo de reunións e incentivos, que se celebra do 31 de maio ao 2 de xuño. Trátase dun dos eventos especializados máis importantes do mundo, con máis de 5.000 compradores profesionais e 3.500 expositores de máis de 90 países.

Ler máis

PERSOAL

O Concello aproba a Oferta de Emprego Público de 2022 con 100 prazas, 28 delas de acceso libre

01/06/2022

A concelleira de Persoal, Marta Abal, deu conta en rolda de prensa da Oferta de Emprego Público de 2022, que foi aprobada onte en Xunta de Goberno local e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia. Recolle un total de 100 prazas, das cales 28 se corresponden coa quenda libre, mentres que 72 son de promoción interna. A edila, que compareceu xunto ao director da Área de Réxime Interior e Persoal, Juan Carlos Porrúa, tamén informou do proceso de estabilización de emprego temporal, que afecta a un total de 92 prazas.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba unha moción conxunta en prol da recuperación e racionalización dos servizos ferroviarios en Galicia

31/05/2022

Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este martes, a Corporación municipal consensuou unha moción conxunta para reivindicar a recuperación dos servizos e infraestruturas ferroviarias de Galicia, con mellores frecuencias e tarifas que permitan garantir o acceso universal a todos os usuarios que se desprazan a ou desde Santiago, especialmente por motivos laborais.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as listaxes de admitidos nas escolas infantís e os prazos de inscrición no programa municipal de conciliación para este verán

30/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído, así como as listas de agarda, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2022-2023. Tamén aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do programa municipal de conciliación de verán 2022, que se desenvolverá en seis quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.

Ler máis
Compartir: