XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda presentar os proxectos de rehabilitación do Estadio Verónica Boquete e do Auditorio de Galicia á convocatoria de axudas PIREP
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou o compromiso de que o Concello "disporá de todos os recursos humanos, técnicos e orzamentarios necesarios para executar o proxectos de rehabilitación do Estadio Municipal Verónica Boquete (San Lázaro) e do Auditorio de Galicia.
COMERCIO
Mañá arranca "Prima 22. A festa do comercio local" para dinamizar a actividade comercial nos diferentes barrios da cidade
A terceira edición de "Prima 22. A festa do comercio local" desenvolverase desde mañá xoves 9 ata o vindeiro sábado 11 de xuño nos distintos barrios de Santiago. Impulsado polo Concello de Santiago, este evento pretende animar á cidadanía a consumir no comercio local e virá acompañado dunha serie de actuacións e actividades programadas ao aire libre.
TURISMO
Turismo de Santiago reúnese con 25 dos principais organizadores de eventos corporativos españois
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participa entre o 6 de 8 de xuño na edición española do Iberian Mice Forum, evento que reúne en Xixón a máis de 100 destacados profesionais do sector da organización de eventos corporativos en España.
DEPORTES
O vindeiro 19 de xuño terá lugar a Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández, presentou esta mañá esta carreira solidaria que se celebrará o domingo 19 de xuño e transcorrerá pola Alameda e o Campus Sur de Santiago. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 16 de xuño nas modalidades de carreira ou de andaina, ambas de 5 quilómetros.
ALCALDÍA
O alcalde recibe a nova directiva da Asociación de Usuarios de Casillas da Praza de Abastos
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un encontro coa nova directiva de ASUCA, a Asociación de Usuarios de Casillas da Praza de Abastos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais acolle un ciclo de teatro amador para todos os públicos
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado por Chelo Pampillón e Ana Rodríguez, presidenta e vicepresidenta de FEGATEA, e Sandra Quintana, coordinadora do programa, presentou esta mañá o ciclo de teatro amador "Fega Teatro" que arrancará o vindeiro 10 de xuño no Centro Sociocultural de Lavacolla.
ALCALDÍA
Conclúe a primeira Maker Faire Galicia híbrida da historia tras cinco xornadas de altísimo nivel
As xornadas contaron con máis de 10.000 visitantes e nelas premiáronse 20 proxectos e makers. Durante o evento, máis de 200 persoas realizaron as súas achegas á Axenda Urbana 2030 a través do punto de información habilitado polo Concello.
ACCIÓN CULTURAL
‘DeMente’ foi o espectáculo máis valorado polo público de Artes Escénicas de Compostela Cultura cun 9,76
Do total dos 32 espectáculos do primeiro semestre do 2022, a proposta de danza de Fran Sieira foi a que mellor puntuación acadou: un 9,76; nunha votación na que participaron o 91% das case 12.000 persoas que asistiron a un total de 41 funcións de 32 espectáculos. No apartado de Teatro a mellor puntuación foi para ‘As que limpan’ de A Panadaría cun 9,54 e na programación Infantil/Familiar para ‘Crassh Babies’ de We Tum Tum, cun 9,57.
MOBILIDADE
O Castiñeiriño estrea un parque de tráfico para mellorar a educación viaria da cativada
Situado na nova praza do Castiñeiriño, o recén inaugurado parque de tráfico está pensado para todas as idades, e de xeito especial para que nenas e nenos poidan adquirir as nocións básicas de circulación segura a través da condución simulada nesta pista. Este novo espazo está en liña co plan de actividades da Policía Local dirixidas á cidadanía sobre educación viaria.
BARRIOS
O concelleiro de Barrios e Obras informa dos traballos de roza de viarios e parcelas municipais situados na contorna urbana
O Concello de Santiago xa rozou practicamente a totalidade dos 79.200 metros lineais de viarios da zona urbana, segundo explicou hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández. De xeito paralelo, indicou, estase levando a cabo a limpeza das parcelas municipais.