ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

Varios espazos emblemáticos de Santiago acollerán unha exposición ao aire libre do escultor Manolo Paz

13/07/2022

Baixo o título "A distancia que une", a mostra componse de cinco grandes esculturas que se situarán na entrada do Museo do Pobo Galego, no Parque de Bonaval, na Alameda e na Cidade da Cultura, ademais de na praza do Obradoiro. O proxecto conta co apoio do Concello de Santiago onde foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañados polo propio escultor e o comisario da mostra, David Barro.

Ler máis

EMPREGO

Entrega de diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego Creas IV polo traballo realizado no Xiro dos Montes

12/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; e Judit Fontenla, xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade; asistiron esta mañá no Centro Sociocultural de Grixoa ao acto de clausura e entrega de diplomas do "Obradoiro de Emprego Creas IV", cuxo alumnado desenvolveu durante este ano os labores de acondicionamento do treito do Gatofero, dentro do proxecto "Xiro dos Montes de Compostela".

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE

O Concello condena e rexeita o acto vandálico contra o sinal de entrada a Santiago

12/07/2022

O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita a pintada realizada no sinal indicador de poboación situado na entrada de San Lázaro, acontecida na madrugada do pasado luns. Rapidamente a empresa de mantemento da sinalización procedeu a pasada noite a súa limpeza e por fortuna, xa se volven apreciar as cores orixinais, coa bandeira LGTBI.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina catro novos convenios con ACEM, ASPAS, Fundación Secretariado Xitano e Asociación Fonte da Virxe por un importe total de 41.500 euros

11/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá catro novos convenios por un valor total de 41.500 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con Fundación Secretariado Xitano, ACEM, ASPAS e Asociación Fonte da Virxe, que se suman aos outros 10 convenios asinados nas pasadas semanas con Proxecto Home, Cáritas, a Cociña Económica, o Albergue Xoán XXIII, FEAFES, Don Bosco, Asociación Sarela e Fundación Andrea por un importe...

Ler máis
Compartir: