ACCIÓN CULTURAL
A V Semana do Patrimonio Invisible pon ao descuberto os espazos máis descoñecidos de Compostela
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación da V edición da Semana do Patrimonio Invisible (SPI), que se vai desenvolver entre o 12 e o 17 de setembro nunha decena de lugares da cidade normalmente non accesibles para o público xeral. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o director de Trivium, César Abella, foron os encargados de debullar o programa da edición 2022 da SPI.
TURISMO
Aberto o período de inscrición para o XIV Santiago(é)tapas ata o 20 de setembro
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, animaron esta mañá ao sector hostaleiro da cidade a participar no XIV Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 27 de outubro ao 13 de novembro. As bases e a folla de inscrición están dispoñibles na web santiagoetapas.gal.
ACCIÓN CULTURAL
WOS Festival x SON Estrela Galicia traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta semana
Doce espazos da cidade acollerán actuacións de artistas internacionais como Caterina Barbieri, Huerco S., Holy Other & Pedro Maia, Grand River & Marco Ciceri, Rafael Anton Irisarri & Florence To e mad miran entre outros. Os últimos abonos e últimas entradas de día, así como as de actividades puntuais, están á venda e pódense adquirir a través do portal wosfestival.es.
MOBILIDADE
Este xoves entran en vigor os horarios de inverno 2022-2023 no transporte urbano
A partir do xoves 8 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
TURISMO
Santiago participa por primeira vez na feira de turismo de luxo de Singapur
No marco da LTM Asia Pacific, Turismo de Santiago manterá máis de 60 reunións con profesionais do turismo de luxo de toda a zona de Asia Pacífico interesados en Santiago. Esta feira, que reúne as principais empresas e profesionais do sector deste espazo xeográfico, estase a celebrar en Singapur desde onte ata o 8 de setembro.
URBANISMO
Modificación puntual do título III do PXOM: regulación de usos
O Pleno da Corporación aprobou o pasado 12 de marzo de 2021 de forma inicial a modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), co obxectivo de preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais para o financiamento de bonos-aparcadoiro por un total de 99.000 euros
A Xunta de Goberno Local, na primeira reunión ordinaria de setembro, aprobou tres convenios de colaboración coas asociacións comerciais Compostela Monumental, Santiago Centro e Punto Compostela, por un importe total de 99.000 euros, co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcadoiro á clientela e dinamizar así o sector. Nesta mesma sesión aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións a festas patronais e deuse inicio ao expediente para a contratación do servizo de roza e limpeza de parcelas municipais no...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Conxo celebra dende este martes a XXXV edición da súa Semana Cultural
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a edición número 35 da Semana Cultural de Conxo, que se celebra dende este martes 6 ata o sábado 10 de setembro. Xogos, obradoiros, charlas, teatro, música e moito máis para un evento lúdico e de encontro plenamente consolidado na oferta sociocultural de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha exposición fotográfica no barrio de Cornes dá a coñecer a profesión das redeiras
A Casa das Asociacións de Cornes acollerá ata o 16 de setembro a mostra "Redeiras, unha profesión con historia" co obxectivo de dar a coñecer de primeira man as características e os detalles desta tradicional profesión. O acto de inauguración tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o concellleiro de CSC, Javier Fernández; e a presidenta da Federación Galega de Redeiras...
TURISMO
Santiago promocionarase co lema "Cultura e Patrimonio" a través do Monbus Obradoiro
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, explicou esta mañá as liñas principais do convenio entre Turismo de Santiago e o Clube de Baloncesto Monbus Obradoiro, que ten por obxectivo que o equipo promocione a cidade como destino turístico ao longo da tempada 2022-2023 nunha rolda de prensa que se celebrou no Pazo de Raxoi.