RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Mila Castro reúnese cun representante da Alcaldía da cidade senegalesa de Saint Louis para falar sobre unha futura irmandade
A alcaldesa en funcións, Mila Castro, reuniuse hoxe con Aboul Dembel Sow, Relacións Públicas do gabinete do alcalde da localidade senegalesa de Sant Louis, para tratar sobre unha posible irmandande entre ambas cidades.
MOCIDADE
Arranca o programa de Noites Alternas con actividades nocturnas saudables para a mocidade de Compostela
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.
DEPORTES
Santiago acolle a 10ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con e sen discapacidade intelectual
A marcha, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración co Concello de Santiago e unha ampla lista de entidades e empresas, chegará o día 1 de outubro a Compostela despois de percorrer as localidades de Baños de Molgas (Ourense) e Friol (Lugo). O obxectivo desta marcha e favorecer a inclusión do colectivo a través do deporte.
MEDIO AMBIENTE
O Centro sociocultural do Ensanche acollerá a Feira de Economía Circular e Boas Prácticas esta fin de semana
A feira, que forma parte do proxecto #EuCompost_ela, impulsado polo Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia,
celebrarase o venres 23 e sábado 24 e reunirá a persoas expertas e empresas referentes do eido da sostibilidade. A entrada será de balde e as persoas asistentes poderán gañar un premio.
TURISMO
Turismo de Santiago explica o proxecto Bodah a representantes da cidade canadense de St. John's
Turismo de Santiago presentou as liñas principais do proxecto europeo Bodah, liderado pola entidade de xestión turística municipal, a representantes da cidade de St. John's, capital da provincia canadense de Terranova e Labrador. A reunión celebrouse no marco do proxecto IURC, no que o Eixo Atlántico e o Concello de Braga estableceron unha colaboración con esta cidade canadense.
SMARTIAGO
El Ayuntamiento de Santiago presentará el vehículo autónomo desarrollado en el marco del proyecto Smartiago en el Foro Greencities S-MOVING en Málaga
El alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; la concejal de Urbanismo, Mercedes Rosón, y el concejal de Turismo, Sindo Guinarte, asistirán al 13º Foro de Inteligencia y Sostenibilidad Urbana que se desarrollará en Málaga este miércoles y jueves, 21 y 22 de septiembre. La agenda de Santiago programada para el evento incluye, además de la presentación del vehículo autónomo en el stand de Vodafone, adjudicataria de la iniciativa en el marco del proyecto SMARTIAGO, la participación en el Encuentro de...
OBRAS E EDUCACIÓN
As concellarías de Obras e Educación levaron a cabo 69 actuacións durante o verán nas escolas infantís e colexios de primaria da cidade por algo máis de 300.000 euros
Os concelleiros de Obras, Javier Fernández, e de Educación, Rubén Prol, fixeron balance das obras levadas a cabo durante a tempada de verán en distintos colexios públicos de Santiago. Foron un total de 69 actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectaron a 19 centros e que contaron cun orzamento de algo máis de 300.000 euros.
SMARTIAGO
O Concello de Santiago presentará o vehículo autónomo desenvolvido no marco do proxecto Smartiago no Foro Greencities S-MOVING en Málaga
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistirán ao 13º Foro de Intelixencia e Sostibilidade Urbana que se desenvolverá en Málaga este mércores e xoves, 21 e 22 de setembro. A axenda de Santiago programada para o evento inclúe, ademais da presentación do vehículo autónomo no stand de Vodafone, adxudicataria da iniciativa no marco do proxecto SMARTIAGO, a participación no Encontro de líderes urbanos que...
DEPORTES
Preto de 400 nenas e nenos participarán esta fin de semana no VIII Torneo Fútbol-8 do Racing San Lorenzo
O Torneo, organizado polo Racing San Lorenzo en colaboración co Concello de Santiago, a Federación Galega de Fútbol e empresa galega Toxo Telecom, celebrarase este venres e sábado, 23 e 24 de setembro no campo da USC. O evento deportivo foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente do club, José Moure Souto e o CEO de Toxo Telecom, Javier Fontaíña.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Oficina de Promoción Económica do Concello lanza "Compostela Móvese 2022", un ciclo de actividades formativas centrado na mellora empresarial da contorna e dirixido a empresas e profesionais
O obxectivo principal deste programa de dinamización económica "Compostela Móvese 2022" é o de impulsar un modelo económico para a Gran Compostela que aproveite as fortalezas da cidade: capitalidade, proxección internacional, Universidade, cultura e patrimonio, sempre cumprindo os criterios de sustentabilidade do territorio. A inscrición poderá realizarse ata o 23 de setembro.