MEDIO AMBIENTE

O Concello conclúe as obras de selaxe e clausura do antigo vertedoiro de Aríns, co que se recupera un espazo verde de 32 hectáreas

24/09/2022

As obras para converter o antigo vertedoiro de residuos inertes de Aríns (lugar de Fornás) nunha zona verde chegaron ao seu punto final tras a realización dos traballos de selaxe e clausura nos que se investiron preto de 850.000 euros. O pasado 19 de setembro asinouse a Acta de Recepción das obras e queda pendente agora a declaración definitiva da clausura do vertedeiro, así como a aprobación do Plan de Vixilancia e Control post-clausura por parte da Xunta de Galicia como órgano ambiental competente.

Ler máis

ALCALDÍA

Receptividade da secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, aos asuntos tratados hoxe na reunión co alcalde Sánchez Bugallo

23/09/2022

As alegacións sobre o orbitaliño, o orbital, os accesos ao polígono do novo Milladoiro e o incremento de prazas de aparcamento na nova estación de tren foron os asuntos que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tratou hoxe coa secretaria de Estado de Transportes. Isabel Pardo de Vera amosou a súa "plena receptividade" a todas demandas plantexadas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde e a secretaria de Estado de Transportes supervisan as obras da estación ferroviaria

23/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, visitaron esta mañá as obras da nova estación de tren de Santiago no ámbito da Intermodal. Estiveron acompañados polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro; e o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago recibe a visita do embaixador de Ucraína

23/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe o embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, quen asinou no libro de Honra da Cidade. A visita tivo lugar tras un acto na praza o Obradoiro no que o rexedor compostelán e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, fixeron entrega ao embaixador de catro ambulancias que presentarán servizo á poboación ucraína que está a sufrir as terribles consecuencias da guerra.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago achega máis de 20.000 euros para a exposición "O Esplendor do Camiño, oito séculos de pratería e acibeche en Compostela"

23/09/2022

O Concello de Santiago e a Asociación de Artesáns e comerciantes Ourives de Compostela veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá sufragar a mostra "O esplendor do camiño, oito séculos de pratería e acibeches en Compostela" que poderá visitarse na Igrexa da Universidade e no Colexio de Fonseca ata o 25 de setembro. Ao acto de sinatura, que se celebrou esta mañá no pazo de Fonseca, acudiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o presidente da Asociación de...

Ler máis

OBRAS

A concellería de Obras arranxou e instalou preto de 400 bancos no que vai de ano

22/09/2022

O concelleiro de Obras, Javier Fernández, deu conta esta mañá dos traballos de mantemento e rehabilitación no mobiliario urbano deste ano. En total, o Concello reparou 340 bancos repartidos en oito barrios de Santiago grazas aos labores realizados por persoal de Centros Especiais de Emprego. Tamén foron incorporados 40 novos bancos en diferentes rúas da cidade.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade na feira máis importante de Xapón

22/09/2022

Logo da asistir por primeira vez á ILTM Asia Pacific, feira de turismo de luxo que se celebrou do 5 ao 8 de setembro en Singapur, Turismo de Santiago continúa traballando para reactivar o turismo asiático, participando nesta ocasión na Jata, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra en Tokio do 22 ao 25 de setembro. O turista xaponés é o que ten un maior gasto medio en España, con máis de 3.000 euros por persoa.

Ler máis
Compartir: