XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu luz verde á solicitude de participación no "Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación no ámbito do Casco Histórico" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cunha cantidade a subvencionar de 3.373.526,58 euros, a través dos fondos NextGenerationEU. Dos acordos adoptados deu conta, en rolda de prensa, o alcalde Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago acolle un encontro para a abordar a consecución dos retos das Axendas Urbanas e 2030 a través da economía social
O acontecemento desenvolverase os días 19 e 20 de outubro na Sede Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. As persoas interesadas en participar na actividade xa poden inscribirse a través da web santiagocapitaleconomiasocial.es
SMARTIAGO
Os bancos intelixentes instalados polo Concello de Santiago non integran ningún tipo de cámara nin captación de imaxes
Desde o Concello de Santiago quérese aclarar que os sistemas implantados no mobiliario urbano intelixente na cidade para o proxecto Smartiago constan de sensores de infravermellos de presenza, os cales permiten detectar o paso do fluxo de peóns nunha área determinada das proximidades do mobiliario.
COMERCIO
O Concello e as asociacións de comerciantes ultiman a nova convocatoria dos Bonos Corazón
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá cos representantes das agrupacións de comerciantes de Santiago para pechar os últimos detalles sobre a nova campaña de Bonos Corazón, cuxo lanzamento está previsto para finais deste mes. A convocatoria, que pretende impulsar o consumo no comercio e a hostalería local, incluíra nesta ocasión a establecementos que ofrezan produtos de alimentación.
PLENO
O Pleno extraordinario aproba a conta xeral do Concello de Santiago do ano 2021
O Pleno do Concello de Santiago, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, someteu a consideración a conta xeral do Concello de Santiago correspondente ao ano 2021, para a súa aprobación e posterior remisión ao Consello de Contas. Esta conta está integrada pola conta da entidade matriz e as contas do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, das sociedades mercantís TUSSA, INCOLSA e MercaGalicia, e as contas das Fundacións Públicas Refuxio de Animais e Eugenio Granell.
ACCIÓN CULTURAL
Luz Poética, I Festival de Poesía Nova de Compostela arrancará a vindeira semana
Desde o 17 e ata o 22 de outubro celebraráse en Santiago a primeira edición do "Luz Poética. Festival de Poesía Nova de Compostela", un evento organizado polo Concello de Santiago e coordinado pola xestora Hoku Cultural. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol e un dos organizadores, Diego Horschovski, presentaron esta mañá un amplo programa con obradoiros, roteiros, proxeccións e recitais, onde se darán a coñecer novas voces da poesía galega.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa
Esta candidatura, promovida pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá en Compostela xestores do programa europeo Erasmus Emprendedores procedentes de 38 países en marzo do vindeiro ano.
MOCIDADE
A Concellería de Mocidade lanza un ciclo de obradoiros para previr a adicción aos xogos de apostas en menores
Rubén Prol, concelleiro de Mocidade, acompañado polo educador social Ramón Molina, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición de "Vas Picar? Mocidade libre de apostas" que este ano porá en marcha unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de educación secundaria co fin de sensibilizalos sobre os perigos da ludopatía.
DEPORTES
Os Xogos de Natación para persoas con discapacidade intelectual terán lugar este sábado en Santiago
As piscinas municipais de Santa Isabel serán o escenario esta fin de semana da 24ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación para persoas con discapacidade intelectual. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que estivo acompañada na rolda de prensa polo secretario de Special Olympics Galicia, Javier García, e Daniel Rodríguez, deportista participante da asociación ASPAS.
MEDIO AMBIENTE
Santiago acollerá a primeira reunión do proxecto europeo BIORECER
Esta iniciativa, liberada por Cetaqua Galicia, centro tecnolóxico da empresa Viaqua, busca promover o uso de biomasas para mellorar o rendemento e a trazabilidade das materias primas biolóxicas utilizadas polas bioindustrias. O proxecto, que conta con socios nacionais e estranxeiros, celebrará a súa primeira reunión os vindeiros 17 e 18 de outubro no Pazo de Fonseca e no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago (USC).