2.500 metros percorrerán este sábado os máis de 300 participantes do XXI Ciclocross Cidade de Santiago

27/10/2022

Será este sábado 29 de outubro cando máis de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fora da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearan os 2.500 metros de circuíto do Cicloross Cidade de Santiago, unha "cita xa clásica no calendario dos grandes eventos deportivos que acolle a nosa cidade e que atrae a centos de afeccionados desta disciplina ciclista" apunta a concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa.

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)Tapas estrea votacións por códigos QR e novas rutas sen glute e pet-friendly

26/10/2022

Este xoves, 27 de outubro, comezará o XIV Santiago(é)Tapas, baixo o lema de ‘Toleamos por (é)Tapas’. O concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, ofrecerá durante dúas semanas e media -ata o día 13 de novembro incluído- 62 petiscos de 38 locais composteláns. Así o indicaron en rolda de prensa o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Hostalaría...

Ler máis

‘A Santiago Vou’, o lema co que a V Edición de Compostela Ilustrada programa máis de 40 actividades por toda a cidade

26/10/2022

Entre o 3 e o 6 de novembro volve Compostela Ilustrada tras o parón da pandemia con obradoiros na rúa, dúas exposicións, workshops e outras moitas actividades repartidas por diferentes puntos da cidade: o Auditorio de Galicia, o Mercado de Abastos, San Martiño Pinario, a libraría Cronopios ou a Casa do Taberneiro. Todo desde unha perspectiva de xénero porque se trata "de reflexionar, reivindicar e crear a través da ilustración, do debuxo e do cómic" apuntou a concelleira de Acción Cultural e Igualdade,...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais acolle este outono as novas edicións dos ciclos Abracastaña e terraZeando

25/10/2022

O concelleiro de Centros SocioCulturais, Javier Fernández, acompañado por Enrique Vázquez, director da Rede de CSC; Sandra Quintana, coordinadora do programa de artes escénicas e musicais do CSC de Santa Marta e o mago Romarís, presentou esta mañá o ciclo "Abracastaña. Por arte de Maxia" que arrancará o vindeiro 3 de novembro no Centro Sociocultural de Fontiñas co actuación do mago Vituco. Druante a rolda de prensa tamén se presentou a III edición do terraZeando que levará concertos...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a reserva dunha parcela para a ampliación do centro para atención de persoas afectadas por dano cerebral adquirido

24/10/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a reserva dunha parcela para a ampliación do centro de día e ocupacional para a atención de persoas afectadas por dano cerebral adquirido da Asociación Sarela. Tamén deu o visto bó ao texto do convenio para a colaboración nas festas do Apóstolo; e ás bases reguladoras das subvencións destinadas a cooperación e desenvolvemento.

Ler máis
Compartir: