ACCIÓN CULTURAL

'MiiC na Rúa' leva a arte ao espazo público con intervencións nos escaparates da rúa do Vilar

15/11/2022

'MiiC na Rúa' é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago que se desenvolve dentro do marco de IMAXINARIA, a IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC4) que se pode visitar na actualidade na Sede Afundación. A actividade consiste na realización dunha serie de intervencións artísticas simultáneas que se levarán a cabo na icónica rúa do Vilar, e que buscan recalcar o sentido de que a mostra toma a rúa.

Ler máis

PLENO

O pleno dá luz verde a dous créditos para os gastos de manutención e aloxamento das persoas refuxiadas ucraínas e para o equipamento do Centro de Servizos Innovadores do Biopolo

14/11/2022

O pleno do Concello aprobou por unanimidade dous expedientes de crédito extraordinarios: un deles por importe de arredor de 53.000 euros para pagar os gastos de manutención e aloxamentos das persoas refuxiadas ucraínas acollidas en Santiago; e outro, por importe de 300.000 euros, destinado a unha subvención á empresa Sionlla Biotech, SL. para o equipamento do Centro de Servizos Innovadores para empresas biotecnolóxicas.

Ler máis

TRANSPORTE E MOBILIDADE

O Concello alugará unha decena de autobuses para mellorar o transporte urbano

14/11/2022

Once autobuses, a maioría novos, e alugados a través de leasing, é a solución provisional coa que o Concello quere mellorar o servizo de transporte urbano á espera de que saia o novo contrato. Unha solución que se canalizará a través do actual operador, e coa que empezarían a circular en menos de dous meses en substitución dos vehículos máis antigos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Apróbase o proxecto de reurbanización da rúa García Lorca

14/11/2022

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou hoxe o proxecto técnico de reurbanización da rúa de García Lorca coas por un importe máximo de licitacion de 1.052.134,25 euros, IVE incluído. Tamén se aprobaron distintas adxudicacións de contratos, entre elas a do servizo de limpeza en edificios e instalacións dependentes do Concello á empresa Lacera Servicios y Mantenimiento SA, que presentou unha oferta económica 3.918.244,66 euros para os próximos tres anos.

Ler máis

TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España promocionarase internacionalmente en Asia e Iberoamérica

12/11/2022

A primeira Tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistió hoxe á Asamblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrada en Cáceres; na que se anunciaron as próximas accións de promoción internacional que vai levar a cabo o Guupo en Asia e Iberoámerica. Foi un día despois da entrega do Premio Patrimonio 2022 á galerista Helga de Alvear, por converter o Museo Helga Alvear nunha referencia da arte en Europa.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O luns, día 14, ábrese o prazo de inscrición no programa Cativadas de Nadal que nesta edición conta con 185 prazas de conciliación

12/11/2022

O luns, 14 de novembro ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación Cativadas de Nadal que se vai desenvolver na rede de Centros Socioculturais durante as vacacións de Nadal no marco de Vive o Nadal 2022. Este ano ofértanse 185 prazas,110 nos centros urbanos e 75 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.

Ler máis

O Xulgado estima o recurso do Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia sobre a gasolineira de Brandía

11/11/2022

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela acaba de ditar unha sentenza pola que, a instancia do Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, anula a licencia de obras que o Concello de Santiago concedeu a Carburantes Lugo S.L. para a construción dun edificio comercial e unha unidade de subministro de carburantes no Paseo de Esvedro- Paseo de Amaia, en Brandía.

O Concello estudará a sentencia pero, en principio, descarta o recurso.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

600 flores repartidas entre a veciñanza no primeiro día da campaña Leva unha planta!

11/11/2022

Leva unha planta! é a iniciativa coa que o Concello de Santiago pretende dar unha segunda primavera ás plantas dos xardíns municipais de tempada de verán que, coa chegada do frío, se estragarían. No primeiro repartimento de plantas, desde a Alameda, en apenas 20 minutos distribuíronse 600. O vindeiro luns retomarase a partir das 12.30 h e a semana que vén tamén se establecerá unha tarde para que aquelas persoas que non estean libres en horario de mañá, poidan pasar recoller a súa planta.

Ler máis
Compartir: