POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil

21/11/2022

Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP das Fontiñas convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e varios membros da Corporación municipal.

Ler máis

IGUALDADE

Compostela en Negro lembrará ás vítimas de feminicidio a través de realidade aumentada

21/11/2022

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe as accións da campaña Compostela en Negro de cara ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Baixo o lema "Por ti, por min, por todas. Nin unha máis", a campaña deste ano ten como obxectivo lembrar, a través da realidade aumentada, a todas as mulleres asasinadas por violencia machista este 2022.

Ler máis

COMERCIO

Máis de 20.500 bonos descargados e 537 establecementos adheridos ao programa Bonos Corazón Compostela

19/11/2022

Dende que se abriu o prazo o pasado 8 de novembro, xa son 20.551 o número de Bonos Corazón adquiridos polos usuarios e usuarias. Ademais, 537 establecementos de Santiago se adheriron xa a este programa de incentivación do consumo: 460 comercios e 77 negocios de hostalería. O prazo para solicitar e canxear os bonos permanecerá aberto ata o 10 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo. Os establecementos que desexen adherirse ao programa terán de prazo ata o 30 de novembro.

Ler máis

ALCALDÍA

O Rosalía de Castro de Santiago, segundo aeroporto de España en crecemento de viaxeiros e primeiro en carga

18/11/2022

No que vai de ano, o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago ocupa a primeira posición a nivel español en crecemento no tráfico de mercadorías e a segunda posición no que se refire ao incremento de viaxeiros. O alcalde de Santiago fixo balance esta mañá dos últimos datos "excepcionais e históricos" do aeródromo compostelán dos que destacou a chegada de 2.790.000 pasaxeiros e de máis de 4.000 toneladas de mercadorías. Sánchez Bugallo conta con superar este ano os 3 millóns...

Ler máis
Compartir: