MEDIO AMBIENTE

O Concello retira a compactadora de lixo da travesa de Fonseca

29/12/2022

Esta acción responde ao compromiso adquirido pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, coa Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca tras as demandas dos residentes da améndoa. Para substituír a compactadora, e ata que entre en funcionamento o servizo de porta a porta, colocaranse de xeito provisional uns colectores nos que a veciñanza e os establecementos da zona poderán depositar os seus residuos en horario de 19:00 a 23:30 horas todos os días da semana.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

A Festa do Apego regresa mañá ao Auditorio con música, contos e obradoiros

29/12/2022

O Auditorio de Galicia acollerá mañá en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 19 horas, a Festa do Apego. Dirixida ás crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias, trátase dunha excelente alternativa de ocio nestas datas de Nadal así como un espazo para compartir experiencias con outros pais e nais interesados na crianza en galego.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde amosa a súa satisfacción polo selado do vertedoiro de Miramontes

29/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que o peche do vertedoiro de Miramontes "era algo anunciado" polo Goberno municipal, xa hai aproximadamente medio ano. Daquela, sinalou, "informouse de que era necesario completar o nivel para poder proceder a ese selado. Vanse cumprindo os prazos e creo que todos debemos estar satisfeitos de que se poña fin a esa actividade".

Ler máis

URBANISMO

O Concello de Santiago avanza na tramitación do proxecto da plataforma loxística de mercadorías

28/12/2022

O Concello de Santiago de Compostela avanza na tramitación da plataforma loxística de mercadorías, proxectada a carón do Polígono do Tambre. Esta semana aprobouse inicialmente, en Xunta de Goberno, o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID); e o proxecto de expropiación por taxación conxunta para a execución da primeira fase do citado plan. Tamén se deu luz verde ao convenio con MERCA S.A. para a definición do anteproxecto, redacción do proxecto, execución de obra e dotación deste...

Ler máis

FESTAS

Regresa a maxia a Compostela coa chegada á cidade das SSMM os Reis Magos de Oriente

28/12/2022

"Cóntame unha cabalgata" é o lema escollido para a visita deste ano das Súas Maxestades. Os contos clásicos e os personaxes que figuran na imaxinación da cativada percorrerán as rúas de Compostela. Dende Conxo ata o Obradoiro adozarán esta tarde chea de ilusión e moita maxia para toda a cativada compostelá tras dous anos sen a Cabalgata por mor da pandemia.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O alcalde visita a máquina de tren "Verderón" despois da súa rehabilitación, na que colaborou o Concello de Santiago

27/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá na estación de tren o histórico "Verderón", tras ser rehabilitado grazas a un convenio asinado entre o Concello de Santiago, o Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril (ACAF). A restauración do Verderón, levada a cabo pola empresa SATECMA, permitirá a posta en marcha de múltiples actividades culturais e educativas, especialmente coa...

Ler máis

PERSOAL

O Concello convoca 92 prazas dentro do proceso de estabilización do emprego

27/12/2022

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases dos procesos selectivos convocado para a cobertura de 92 prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización, das que 73 se farán polo sistema de concurso de méritos e 19, polo de concurso-oposición. Este proceso permitirá reducir a temporalidade no emprego público por debaixo do 8%.

Ler máis

ALCALDÍA

As persoas usuarias do Cottolengo visitaron o alumeado de Nadal de Santiago grazas aos taxistas da cidade

27/12/2022

O Concello de Santiago e a Asociación Compostelana de Autotaxi uniron esforzos para agasallar aos usuarios e usuarias do centro do Cottolengo cun percorrido en taxi co que puideron desfrutar in situ das luces e decoracións de Nadal que adornan a cidade durante estas datas. As Irmás do Cottolengo do Pai Alegre de Santiago levan desde o 1951 acollendo e atendendo a persoas enfermas, discapacitadas e de poucos recursos que non poden ser atendidos por outras institucións.

Ler máis
Compartir: