TURISMO

O Concello de Santiago presentará SantiagoNow e recibirá tres galardóns de SICTED na nova edición de FITUR que arranca mañá

17/01/2023

Ademais da presentación da nova ferramenta web SantiagoNow con información actualizada para os visitantes, a cidade recollerá na gala organizada por SICTED, o premio ao mellor destino de Calidade de España, o segundo na categoría de mellor proxecto de mellora de destino e o terceiro á mellor actuación de sostenibilidade. FITUR, a feira de referencia no sector do turismo en España, desenvolverase desde mañá, día 18 e ata o 22 de xaneiro en IFEMA Madrid.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

O Concello presenta o proxecto dun novo parque infantil na Almáciga

17/01/2023

O proxecto foi presentado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro nun encontro cos veciños. Castro destacou que se trata "un novo espazo de recreo para as nenas e nenos co obxectivo de facer o barrio máis atractivo para as familias, dotando de espazos de ocio para a cativada e de encontro dos veciños". Ubicarase na parcela situada entre o Colexio Apóstol Santiago, o Centro Cívico e as hortas urbanas, e prevese que a execución dos traballos se inicie no mes de abril.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno Local estuda reclamar á Administración de Xustiza os gastos de defensa derivados das Dilixencias Previas do procedemento 338/2014 do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo, que agora paga o Concello

16/01/2023

A Xunta de Goberno Local, autorizou hoxe o abono dos gastos de defensa e representación do ex alcalde do PP, Gerardo Conde Roa. É, explicou o alcalde en rolda de prensa, o terceiro acordo que se adopta neste sentido. Por este motivo, sinalou Xosé Sánchez Bugallo, o goberno municipal acordou pedir a Asesoría Xurídica un informe sobre a eventualidade de poder formular, por parte do Concello, unha reclamación diante da Administración de Xustiza.

Ler máis

EDUCACIÓN

Abertos os prazos para inscribirse nos programas de conciliación do Entroido das Escolas Infantís Municipais e no espazo de lecer María Miramontes

15/01/2023

A concellaría de Educación ten abertos os prazos para inscribirse nos programas de conciliación do Entroido que se van desenvolver, como o ano pasado, nas Escolas Infantís Municipais e no espazo de Lecer María Miramontes. Nas primeiras, o prazo para inscribirse está operativo durante todo o curso; e no segundo abriuse o pasado 11 de xaneiro e péchase o próximo venres, día 20.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o libro "25 anos de historia" da Asociación Cultural A Rocha Forte

14/01/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á presentación do libro "25 anos de historia" da Asociación Cultural Rocha Forte, escrito polo seu presidente, Carlos Delgado Fernández. O rexedor, sinalou, durante a súa intervención, que as actuacións que se está facendo na zona por parte do Concello, esas dúas sendas peonís, unha entre Milladoiro e Santiago e a outra entre o Sar e o Sarela, "porán en valor á xente e facilitarán a conectividade da...

Ler máis

ALCALDÍA

Os datos de viaxeiros de tren consolidan "con rotundidade e claridade a estación de Santiago como a primeira de Galicia"

13/01/2023

O alcalde destacou que as cifras de pasaxeiros que se subiron e baixaron do tren na estación de Santiago son históricas, "nun ano de récords". Sánchez Bugallo recordou que no 2022 "bateuse o récord de ocupación hoteleira, de estadías turísticas, e tamén no social, aínda que en parte como efecto da reactivación económica, xerouse emprego conseguindo os datos de paro máis baixos desde o 2004".

Ler máis

MOCIDADE

Arranca a acción formativa "Emprendemento Musical", que se desenvolverá ata maio no Centro Xove de Creación Cultural

13/01/2023

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, deu esta tarde a benvida aos 31 mozos e mozas que recibirán formación en "Emprendemento Musical" , un curso de balde enmarcado no programa Go2Work. O obxectivo é formar a persoas interesadas en adquirir coñecementos específicos nesta área para poder emprender o seu proxecto profesional, así como na normativa e tramitación legal e fiscal necesaria para o seu desenvolvemento. Un proxecto, sinalou, Prol, "de gran calidade e moi útil para as persoas participantes".

Ler máis
Compartir: