A Xunta de Goberno Local aprobará este luns o proxecto de reurbanización da Praza de León
Tamén se lle dará luz verde á actualización do proxecto básico e de execución para a mellora dos equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras
MEDIO RURAL
O Concello saca a licitación o contrato de conservación e mantemento de viarios no rural por 1 millón de euros
A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato para o "servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)". Os licitadores teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar ofertas.
ALCALDÍA
Santiago homenaxea ao doutor Carro Otero coa inauguración dunha rúa co seu nome
O Concello de Santiago rendeu hoxe homenaxe ao doutor José Carro Otero, falecido en 2021, bautizando unha rúa co seu nome. Ao acto, que tivo lugar esta mañá, asistiu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, membros dos grupos municipais, representantes das principais institucións, da sociedade civil compostelá, das forzas e corpos de seguridade e da familia do homenaxeado, entre eles os seus fillos Gonzalo, Susana e Santiago.
MEDIO AMBIENTE
O Concello restaurará o Ecosistema Fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo e creará un Bosque de Saúde
O proxecto, que conta cun orzamento de preto dun millón de euros con cargo aos fondos europeos a través da Fundación Biodiversidade, foi presentado esta tarde polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán; e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e ten como obxectivo crear un espazo de participación, divulgación e concienciación ambiental. Ao acto tamén asistiu o delegado do Goberno, José Miñones, e represrntantes dos grupos municipais.
ALCALDÍA
O alcalde reitéralle a Somos Hórreo o compromiso de cambiar as luminarias tan pronto se adxudique o contrato
A Asociación de comerciantes Somos Hórreo foi recibida esta mañá no Concello polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para abordar a situación da rúa. No encontro tamén participaron membros da Policía Local e da Nacional.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co decano do Colexio de Avogados e co xuíz decano de Santiago para estudar as necesidades da Administración de Xustiza na cidade
A creación dun xulgado exclusivo de violencia sobre a muller, un novo xulgado do contencioso e un novo xulgado de familia, ademais do reforzo dos equipos psicosociais, son as prioridades que fixa o alcalde logo do encontro no que participaron o maxistrado decano Andrés Lago Louro e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, así como o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.
DEPORTES
A piscina de Santa Isabel acolle esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación, que contará con 234 participantes
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o evento acompañada por José Ángel Rioseco Díaz, presidente do CDN (Club Deportivo Natación Cidade de Santiago), e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera Niebla.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo
O COEP Congress celebrarase en Valencia e permitirá reflexionar, ao longo de tres días, sobre ferramentas de xestión local, participación cidadá e comunicación no marco da Axenda 2030. As inscricións pódense realizar na páxina web www.coepcongress.com e a través da plataforma Eventbrite.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello edita 'Un paseo singular por Compostela', que recolle dous textos de Victoriano García Martí onde converte a Rosalía en guía turística da cidade
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa a publicación, acompañada pola autora, Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Facultade de Filoloxía da USC.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Club Xadrez Algalia comezou o pasado sábado a tempada deportiva cun Torneo de Xadrez no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia
O Club Xadrez Algalia arrancou a competición o pasado sábado no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia situado no casco histórico, na praza Salvador Parga, que acollerá todos os torneos da tempada.