MOBILIDADE
A rúa de Concheiros contará cun radar móbil con capacidade sancionadora a partir do vindeiro luns
Xa no pasado mes de febreiro, o radar funcionou durante unha semana a modo de proba, durante a que se acadou unha media de velocidade de algo máis de 24 km/h.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo acorda coa conselleira de Infraestruturas traballar conxuntamente para ter adoptada antes do verán unha decisión sobre a construción do novo aparcadoiro do CHUS
Máis de hora e media durou a reunión na consellería de Infraestruturas do alcalde coa propia conselleira, Ethel Vázquez, na que se tratou de desbloquear a construción dun aparcadoiro que de resposta ás necesidades do Hospital Clínico ante a súa inminente ampliación: "atopamos unha actitude positiva, construtiva e receptiva tanto coa proposta municipal como con outra alternativa que se puxo sobre a mesa por parte da consellería" explicou o alcalde ao remate do encontro.
MEDIO AMBIENTE
O Concello agradece a implicación dos hostaleiros da améndoa no primeiro día de funcionamento da recollida porta a porta
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, valorou positivamente o comezo do servizo "que servirá para, a partir de agora, ir detectando elementos non previstos para corrixir e mellorar o servizo": "o obxectivo é chegar á tempada máis intensa, sobre todo de cara a Semana Santa, co sistema perfectamente operativo".
MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O Concello comeza a despregar un Centro de Operacions de Seguridade que se integrará na Rede nacional de SOCs
O Concello de Santiago de Compostela acaba de comezar co despregamento dun Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que se integrará na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional, co obxectivo de mellorar a seguridade, capacidade de defensa, detección e resposta a ciberincidentes entre as distintas administracións.
MOBILIDADE
4.500 escolares pasarán polo parque de educación viaria de Amio este ano
O parque de educación viaria, instalado no recinto feiral de Amio, recibirá ao longo do 2023 a visita de máis de 4.500 alumnos e alumnas de 25 centros educativos de Compostela. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, achegáronse esta mañá a Amio para coñecer de primeira man as actividades educativas desenvolvidas polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello lanza unha nova edición do Premio Exeria para apoiar o proceso creativo de obras literarias
O Concello de Santiago convoca unha nova edición do Premio Exeria para proxectos de creación literaria, un certame que ten por obxecto incentivar a creatividade e a producción literaria escritas en lingua galega. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a poeta Yolanda Castaño presentaron esta mañá as bases da nova convocatoria, que na súa primeira edición recaeu na narradora Ana Cabaleiro e a súa proposta "Shukran".
EDUCACIÓN
Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2023/24
A Xunta de Goberno local do 27 de febreiro do 2023 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.
EDUCACIÓN
Convócase o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de maio de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño.
ALCALDÍA
O alcalde entrega o título de fillo adoptivo de Santiago a Ubaldo Rueda, ex-director do IES Rosalía de Castro
Ubaldo Rueda Soto, profesor e director do IES Rosalía de Castro durante máis de 30 anos, foi o protagonista dun acto de recoñecemento celebrado esta tarde no Teatro Principal, no que estivo acompañado por familiares e amigos así como diversas autoridades políticas e da comunidade educativa. O homenaxeado asinou no Libro de Ouro da Cidade e recibiu o pergamiño de Fillo Adoptivo da cidade de mans do alcalde de Santiago.
DEPORTES
Aberto o prazo de inscrición para a VII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 29 de abril
A partir de hoxe, todas aquelas persoas interesadas poderán inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o día 29 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona...