XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal inviste case millón e medio de euros nas catro obras licitadas ou adxudicadas hoxe en Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras de acondicionamento do aparcamento de servizo do Parque Eugenio Granell e a rehabilitación de firmes de vías urbanas por un importe conxunto de 492.659,36 euros. Acordou, ademais, a licitación da reurbanización da rúa do Pombal e da Praza de León, que contan cun investimento conxunto de 964.970,61 euros. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
A MICE celebra a súa 18ª edición coa rururbanía como foco temático
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego desenvolverase do 15 ao 21 de marzo no Museo do Pobo Galego, na Sala Numax e no Teatro Principal. Esta nova edición, que conta un ano máis co apoio do Concello de Santiago, ofrecerá un amplo programa, con actividades para todos os públicos como a MICE Petís, dirixido ao público escolar, ou as sesións de formación para profesionais. A oferta completa foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa na que participou a concelleira de Acción...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago presenta alegacións ao proxecto do Ministerio para crear un ramal que conecta a SC-20 co Milladoiro
Logo dunha reunión coa asociación de veciños Porto de Fornelos, coas alegacións búscase presionar para mellorar o proxecto e que incorpore unha modificación na canalización do Rego de Vilar e a creación dunha parada de autobús que, na práctica xa existe, aínda que sen infraestrutura.
MEDIO AMBIENTE
Reunión o mércores coas asociacións de hostaleiros da cidade para avaliar o sistema de recollida ‘porta a porta’ na Cidade Histórica
A representación dos hostaleiros deberá levar ao encontro as súas propostas de mellora por escrito co obxectivo de "perfeccionar o servizo para adaptalo as súas rutinas de traballo" explica a concelleira de Medio Ambiente.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aprobará mañá o proxecto técnico para a reurbanización da rúa do Pombal
Tamén se aprobará a adxudicación das obras de rehabilitación de firmes urbanos por valor de 458 mil euros.
ALCALDÍA
O Concello intervirá para canalizar as fluviais procedentes da AP-9 e do Monte Gaiás no Viso para evitar desbordamentos
A ludoteca María Miramontes en Fontiñas conta xa con 430 familias dadas de alta nun sistema pioneiro de conciliación durante todo o ano.
BARRIOS E OBRAS
Santiago estrea unha nova senda que amplía a rede de itinerarios verdes e que conecta O Milladoiro e a Rocha
A senda ten o seu inicio no encontro da rúa do Porto de Conxo e a Rúa de Abaixo, ao oeste da rotonda da SC-20 no Milladoiro e chega ata a rotonda situada no extremo leste da rúa do Churruchao, ao sur do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha.
ALCALDÍA
O alcalde confía en que o vindeiro xoves o Pleno aprobe a declaración de interese municipal para a construción do centro de protonterapia
A sesión extraordinaria do Pleno municipal do vindeiro 9 de febreiro aprobará "previsiblemente" a declaración de especial interese e utillidade municipal para o anteproxecto do centro de protonterapia no recinto hospitalario do CHUS. Unha vez completado este trámite, a Administración autonómica deberá aprobar do proxecto para a súa posterior licitación e construción, prevista para o ano 2026.
PARQUES E XARDÍNS
Aberta a nova área de xogos infantís inclusiva na rúa Pérez Lugín
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; de Gonzalo Muíños e Marta Abal, do grupo socialista; Xan Duro, de Compostela Aberta; e Ramón Quiroga, do Partido Popular, inaugurou esta tarde o novo parque infantil, no barrio da Pontepedriña, no que se investiron preto de 60.000 euros.
IGUALDADE
Preséntase o programa "Artellando Feminismo", a campaña promovida pola Concellaría de Igualdade con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Feminismo, teatro, benestar, monólogos, masculinidade tóxica, concertos, saúde mental, coloquios e moitas outros temas e accións conforman un completo programa encamiñado a reivindicar o 8 de marzo e concienciar sobre a importancia do feminismo como ferramenta para acadar a igualdade. A programación foi presentada esta mañá pola concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada por Teresa Furelos, xefa do Servizo de Políticas Sociais, e Yara Prieto, responsable de proxectos de Artellando Feminismo.