XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a licitación e subministro da xestión da base de datos Oracle que agruparará a información do Concello de Santiago

03/04/2023

O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma.

Ler máis

ALCALDÍA

O Berce de Sar completa o itinerario ata San Marcos

03/04/2023

O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo. Todo o itinerario e elementos a destacar da ruta están recollidos na web parquefluvialdesantiago.org

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O sistema RECICLOS supera os 5.000 usuarios en Santiago

03/04/2023

A iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular, xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña "o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidaridade".

Ler máis

TURISMO E ACCIÓN CULTURAL

Santiago acolle a campaña "Essencia do Minho"

03/04/2023

O Consorcio Minho Innovación presentou esta mañá a campaña "Essencia do Minho" que ten como obxectivo mostrar a singularidade deste atractivo destino turístico situado ao norte de Portugal. No marco desta iniciativa, durante o mes de maio organizarase un concerto para o público xeral e un evento enogastronómico para prescriptores.

Ler máis

MEDIO RURAL

O Concello apoia a creación dun Colexio Rural Agrupado para garantir o futuro das escolas rurais

01/04/2023

A EEI do Gaioso (O Eixo), a EEI Bispo Teodomiro (Marrozos) e a EEI do Rial (Laraño) son "unha oportunidade para fixar poboación no rural" explicou a concelleira de Medio Rural, Begoña Rodríguez, que visitou xunto ao edil de Educación o centro do Gaioso, na parroquia do Eixo, para apoiar a súa campaña de busca de novo alumnado. Rubén Prol recalcou que se trata de "proxectos de educación máis personalizada e enriquecedora onde a relación entre alumnado e profesorado é especial".

Ler máis

ALCALDÍA

Volve a Festa do Banquete de Conxo os vindeiros 12, 13 e 14 de maio

31/03/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, rodeado de Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Fandiño, interpretados polos Quinquilláns, e de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá o amplo de programa de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización está a traballar diferentes departamentos do Concello de Santiago en colaboración coa veciñanza. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a...

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba a creación do Consello de Medio Rural e o seu regulamento

30/03/2023

O Pleno da Corporación, reunido en sesión ordinaria, a última do mandato, deu luz verde á creación do Consello de Medio Rural e ao seu regulamento. Este documento define as súas funcións e dótao de estrutura e regras de funcionamento co obxectivo de artellar a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.

Ler máis
Compartir: