XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da dirección facultativa das actuacións de mellora de eficienca enerxética do alumeado público
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.
DEPORTES
Máis de 150 deportistas participarán este sábado na I Copa Galega e no I Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica
Este sábado 6 de maio terá lugar a I Copa Galega Xunta de Galicia e o II Open Cidade de Santiago de Marca Nórdica, dúas probas organizadas pola sección de Marcha Nórdica do Club Vía Láctea en colaboración do Concello de Santiago, e a Federación Galega de Montañismo. Será un evento benéfico xa que se destinará unha parte do importe da inscripción á Cruz Vermella.
COMERCIO
A festa do comercio local Prima 23 arranca mañá con cambios no programa por mor da previsión metereolóxica
Tras a cancelación da programación prevista para o xoves 4 por mor da choiva, a cuarta edición da festa do comercio local Prima 23 desenvolverase finalmente mañá venres 5 e o sábado 6 de maio nos barrios máis comerciais da cidade: a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo. Debido á previsión metereolóxica para estes días, o programa de actividades poderá sufrir algunhas modificacións.
MEDIO AMBIENTE
O Concello ofrece un paseo nocturno pola cidade no marco do programa Slowlight
O vindeiro 15 de maio o Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Luz cun paseo nocturno para que a cidadanía poida reflexionar sobre o impacto da iluminación na paisaxe nocturna da vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.
FESTAS
Volven as Festas da Ascensión do 16 ao 21 de maio cun intenso programa de actividades que combina tradición e modernidade
As festas compostelás por excelencia arrancarán o vindeiro martes 16 de maio e estenderase ata o domingo 21, cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, obradoiros, circo, maxia… sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a Comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. A orquesta Panorama, Ana Moura ou Ortiga e Pili Pampín son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest que traerá a artistas locais como con Carlangas ou Ruxe Ruxe. O...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
Mañá, xoves 4 de maio, ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo no marco do programa Vive o verán 2023. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.
TURISMO
Máis de 4.000 persoas recibiron xa o Pasaporte Dual por percorrer o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo
Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade, e a cidade de Tanabe, destino do Kumano Kodo, levan anos traballando nun proxecto turístico de dimensión global.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a ampliación da zona de residentes número 5 de Ultreia, que incluirá a rúa dos Xasmíns
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a ampliación da zona de residentes número 5 de Ultreia, que incluirá a rúa do Xasmíns, o que tamén supón unha modificación do seu estacionamento en horario nocturno. Así, a rúa dividirase en dous tramos. O primeiro, dende a avenida de Coímbra ata o paso de peóns do colexio López Ferreiro, de 17 prazas, quedará reservado para a zona 5 de Ultreia. E o segundo tramo, de 10 prazas, seguirá reservado a aparcamento do Casco Histórico como ata o de...
OBRAS
O Concello investirá máis de 150 mil euros na mellora da conectividade de Pontepedriña coa construción de dous novos pasos sobre o río Sar
Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago, a actuación conta cun prazo de execución de 3 meses, creará percorridos que conecten o barrio co tecido urbano e xerará -ou mellorará- os espazos estanciais de Pontepedriña.
OBRAS
A Xunta de Goberno aprobará este martes o proxecto de execución para a reurbanización do Campus Sur
Cun prazo de execución de 4 meses, o importe total ascende a 352.600 euros, centrando a actuación na Avenida da Coruña onde se pretende mellorar a conectividade entre a Alameda e a Residencia de Estudantes. Entre as principais actuacións, aumentar os espazos peonís, reorganización do acceso de vehículos e a reordenación das zonas verdes e espazos vexetais.