BENESTAR ANIMAL
O Concello de Santiago lanza unha campaña de prevención do maltrato e o abandono animal
Baixo o lema "Para sempre. Son a túa familia, non me abandones", esta nova campaña impulsada pola Concellaría de Deportes e Benestar Animal e protagonizada por catro mascotas pretende apelar á sensibilidade dos presentes e futuros propietarios de animais domésticos co fin de previr o maltrato e o abandono animal.
ACCIÓN CULTURAL
AGAPI presenta o Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, realizado co apoio do Concello de Santiago
AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a a edición dixital do Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, que recolle unha serie de reportaxes sobre as produtoras galegas independentes para entender o estado actual do noso audiovisual. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente e a xerente da entidade, Felipe Lage e Uxía Caride.
ACCIÓN CULTURAL
A IV edición de Plataforma arranca para achegar a cultura e as artes a todos os rincóns de Santiago
O Festival ofrecerá entre o 7 e o 15 de xuño, un amplo abanico propostas multidisciplinares entre as que destacan Olga Mesa, Cristina Balboa, Catarina Silva, Marc Vives, Mery Pais, Hugo Torres, Verónica Ruth Frías, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld. O xoves 8 de xuño, Antón Reixa abrirá a cuarta edición de Plataforma cunha performance en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os Encontros Emprendedores abordan a economía circular como oportunidade para promover novas iniciativas
O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.
FESTAS
Preséntase o programa definitivo da IV Festa do Banquete de Conxo que se celebrará o 12, 13 e 14 de maio
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá non CSC de Conxo o programa definitivo de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete . O día grande da Festa será o domingo 14 de maio, cos desfiles teatralizados, o pregón e a posterior romaría popular na carballeira que estará amenizada por distintas actuacións musicais. O alcalde fixo un chamamento a toda a veciñanza para achegarse a Conxo e participar nas diferentes...
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de preinscrición de novo alumnado para o curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música
Tras a publicación da lista de prazas vacantes para o vindeiro curso, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de preinscrición na EMM, desde hoxe, 5 de maio, ata o 25 de maio.
TURISMO
Turismo de Santiago promociónase en Seúl co obxectivo de reactivar o mercado coreano
Corea do Sur é un mercado estratéxico para a cidade por ser o país cun maior gasto medio diario en España, 378 euros por persoa.
COMERCIO
O Concello homenaxea os establecementos composteláns con máis de 50 anos de historia
O Espazo Apego acollerá está tarde ás 19:30 un acto de homenaxe aos comerciantes locais que levan 50 anos ou máis ofrecendo os seus produtos e servizos na cidade. Ao acto acudirá o alcalde Xosé Sánchez Bugallo que entregará un diploma e un distintivo a todos estes establecementos a modo de recoñecemento polo seu peso e contribución ao tecido comercial da cidade.
EDUCACIÓN
O barrio de Santa Marta acolle este sábado o concerto da EMM para a veciñanza, adiado por mor da meteoroloxía
O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo 'Concerto para a veciñanza'. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.
EMPREGO
O Concello de Santiago incorpora na sede electrónica a solicitude do servizo gratuíto para a limpieza de pintadas
Desde hoxe, todas as persoas que o precisen poderán solicitar a limpeza de pintadas e graffiti a través da sede electrónica da web do Concello de Santiago. Este servizo municipal, que xa realizou máis de 300 actuacións desde a súa posta en marcha en 2021, reforza o seu equipo con 3 novas incorporacións grazas ao financiamento do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña.