SEGURIDADE CIDADÁ
O 29 de maio ábrese o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán
O vindeiro luns, 29 de maio, ábrese o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento
O Festival de Música e Movemento da Escola Municipal de Música de Santiago que arrancou onte, ofrecerá esta tarde unha nova sesión ás 18:30 horas no Teatro Principal.
A idea na que se inspira o concerto do Departamento de Música e Movemento da EMM xorde dun proxecto musical publicado pola editorial Bellaterra – Un día en el Mar – das pedagogas Susana Pérez e Eugenia Arús. Trátase dun manual específico de Música e Movemento, especialidade pola que a editorial leva anos apostando a través de...
TURISMO
Turismo de Santiago aposta pola internacionalización da cidade como destino de congresos
Prevese que o ano 2023 sexa un gran ano para o sector, cunha reactivación plena logo do forte impacto que tivo o coronavirus que obrigou á cancelación e aprazamento de multitude de congresos e eventos.
MEDIO AMBIENTE
Comeza a instalación das 30.000 luminarias que renovarán todo o alumeado público de Santiago
O contrato de alumeado público adxudicouse hai un mes por 41.765.702 euros e suporá un aforro de máis do 70% no consumo enerxético co paso a luces led.
EDUCACIÓN
'Esperando o amencer', da artista peruana Fabiola Anchorena, recibe o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2022 na categoría de libros infantís e xuvenís
'Esperando o amencer', obra gañadora do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios. A poética do texto contrasta coa dureza da historia, cuxa forza comunicativa recae nas ilustracións, que destacan polo seu maxistral tratamento da cor.
EDUCACIÓN
Escolares de Salamanca visitan o Pazo de Raxoi dentro dun programa de intercambio do Grupo de Cidades Patrimonio
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia de Salamanca, que estarán tres días de visita en Santiago no marco do programa Aula Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración cos concellos membros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Preto de 12.000 persoas pasaron polo CSC Maruxa e Coralia desde a súa apertura hai seis meses
Tras seis meses a pleno rendemento, o CSC Maruxa e Coralia consolídase como espazo de referencia para a veciñanza da cidade histórica. Desde que abriu as súas portas na praza Salvador Parga, o pasado 9 de novembro, preto de 12.000 persoas achegáronse ao centro para participar nos diferentes cursos e actividades, facer uso do espazo público para ler a prensa, usar os ordenadores ou celebrar encontros, así como para visitar exposicións ou tomar parte no programa de roteiros e visitas guiadas pola cidade.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a adxudicación dos parques infantís da Almáciga e de Roxos-Quintáns
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación do proxecto do "Parque Infantil da Almáciga" e da "Pista multideporte e parque infantil de Roxos-Quintáns", por un importe conxunto de 234.166,62 euros.
DEPORTES
O Concello de Santiago fletará autobuses para acompañar ao Compos a Tarazona
Despois do resultado do partido de hoxe, 3-2 para o Compos, a eliminatoria queda moi aberta para o partido do próximo sábado en Tarazona (Zaragoza).
FESTAS
O recinto ferial de Amio acolle mañá a XXIV edición da Festa dos Maiores con xantar popular e actuación musical
Un ano máis volve a cita de referencia para os nosos maiores, na que é xa a súa 24 edición, cun xantar popular a partir das 14:00 horas, con sobremesa amenizada polo Grupo Alaska e José Manuel "Abanico" a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros. Para facilitar o acceso ao recinto ferial de Amio, o Concello porá á disposición dos asistentes un servizo especial de ida desde a praza de Galicia ata Amio, de 12:00 a 14:00 h, e volta, desde as 17:00 ata as 19:00 h. O xantar contará coa presenza do alcalde de Santiago...