CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Xunta de Goberno local ten previsto adxudicar este luns as obras de mellora da instalación de climatización do Centro Sociocultural de Santa Marta
A Xunta de Goberno Local ten previsto adxudicar o luns, 13 de marzo, as obras de mellora no servizo da instalación de climatización e renovación de aire do Centro Sociocultural de Santa Marta a efectos de eficiencia enerxética e confort interior; que saíran a licitación por un importe de 112.154 euros. Unha actuación que reforza o compromiso do Goberno Municipal co barrio de Santa Marta.
OBRAS
Preto dun millón de euros se investirán na segunda fase da reurbanización de Castrón Douro
O parque interxeracional en Sar, sito na rúa Cruceiro de Sar xa está licitada e creará unha zona de ocio para diferentes idades de máis de mil metros cadrados.
POLÍTICAS SOCIAIS
O autobús do Ingreso Mínimo Vital estará en Santiago, na Praza Roxa, ata o luns, 13 de marzo
O autobús do IMV (Ingreso Mínimo Vital) estará en Santiago, concretamente na Praza Roxa, desde hoxe, sábado, ata o luns, día 13, en horario de 09:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h. Esta mañá, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e á directora provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, nunha visita que realizaron a esta unidade móbil.
FESTAS
A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 24 ao 27 de marzo
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Orde da Uña, Fernando Neira, presentaron o programa da Festa da Uña, unha celebración con gran tradición en Santiago, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia. A Festa celebrarase do venres 24 ao luns 27 de marzo, cando terá lugar a tradicional poxa das uñas. Este prato tradicional prato poderá degustarse case nunha trintena de restaurantes do barrio e do resto de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfación pola creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago
O alcalde valorou de xeito "moi positivo" a proposta de creación do xulgado de violencia de xénero que abranguerá todo o partido xudicial de Santiago, así como o respaldo unánime do Pleno á declaración de especial interese e utilidade municipal para o proxecto do Centro de Protonterapia. Sánchez Bugallo deu conta deste e outros asuntos na rolda de prensa desta mañá.
DEPORTES
A piscina de Santa Isabel acolle este domingo o Campionato Galego de Natación Máster de Fondo
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o evento acompañada por José Ángel Rioseco, presidente do CDN (Club Deportivo Natación Cidade de Santiago), e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera. A competición, que homenaxea a memoria do referente da natación galega, Gerardo Steudel, contará coa participación de 133 deportistas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello de Santiago participará este mes no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia
A Fundación Kaleidos.red e o Concello de Valencia, como membro da organización intermunicipal a través da concellaría de Participación Cidadá e Acción Veciñal, presentaron onte en rolda de prensa o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo a lema "Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender", celebrarase os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Complexo Deportivo e Cultural da Petxina, na cidade de Valencia. Como integrante de Kaleidos.red, o...
MOBILIDADE
O Concello de Santiago convoca o "I Foro da mobilidade" ao abeiro do proceso participativo do PMUS
O I Foro da Mobilidade, que terá lugar o xoves 16 de marzo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta, estará aberto á partipación de toda a veciñanza e axentes implicados que queiran achegar suxestións, propostas ou inquedanzas en materia de mobilidade.
PLENO
O Pleno aproba por unanimidade a declaración de interese municipal para a construción do Centro de Protonterapia
A sesión extraordinaria do Pleno municipal desta mañá deu luz verde á declaración de especial interese e utilidade municipal para o proxecto do Centro de Protonterapia que estará ubicado no recinto hospitalario do CHUS. A Corporación municipal acordouno por unanimidade.
TURISMO
O Concello e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, o Bispo Auxiliar Francisco José Prieto, e o presidente da Xunta da Confrarías de Santiago, Luis Seoane, presentaron esta mañá o folleto que recolle o programa de actividades que se desenvolverán dende mediados de marzo ata mediados de abril arredor da Semana Santa. O programa en papel estará dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago na rúa do Vilar.