UMAD
O Concello de Santiago empraza a Xunta a asumir os compromisos para a prestación do servizo da UMAD
A concelleira responsable da UMAD, Pilar Lueiro, participou nunha reunión con representantes da FEGAMP en que, por unanimidade, os concellos rexeitaron o novo convenio proposto pola Xunta dirixido a sufragar os gastos deste servizo porque afecta de xeito negativo ao seu mantemento. A administración galega só concede o 70% do custo da UMAD e pretende aplicar un pagamento fraccionado, cando se trata dunha competencia autonómica da que tiña o compromiso de asumir en xaneiro de 2024 a súa xestión.
ALCALDÍA
Santiago presenta o proxecto ‘Entre Sar e Sarela’ ao Partenariado Greening Cities da Comisión Europea
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa que esta tarde manterá un encontro con representantes do Partenariado Greening Cities da Comisión Europea aos que lles presentará de primeira man o proxecto 'Entre Sar e Sarela' e as estratexias de renaturalización urbana e fluvial que se levarán a cabo no marco deste proxecto. Este grupo de traballo, integrado por máis de 30 entidades de toda Europa, pretende definir os indicadores aplicables a aqueles proxectos europeos que impulsan as infraestruturas verdes nos...
ALCALDÍA
O Concello aprobará unha nova Relación de Postos de Traballo co obxectivo de axilizar os procedementos administrativos
Coa nova RPT crearase unha sección especializada na xestión do gasto con catro unidades que permitirá aos departamentos municipais liberarse das tarefas de tramitación de gasto nas que non son especialistas para favorecer a rapidez e a axilidade no Concello. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta desta medida e doutros avances no marco do proceso de reforma para mellorar o funcionamento da administración.
DEPORTES
Aberta a inscrición para a carreira e a andaina solidaria "Unha tarde con Samuel"
O vindeiro sábado 13 de abril terá lugar a cuarta edición da "Cross e a Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker. Unha tarde con Samuel" no parque do Monte do Gozo. Hoxe presentárona a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Juanma Mata Torreira, pai de Samuel e apoderado de Duchenne Parent Project en Santiago e de Martiño Rozas, representante do Noitebra FC.
TURISMO
Turismo de Santiago participa na III Xornada de conectividade aérea TURESPAÑA-AENA
Turismo de Santiago acude regularmente a esta xornada, deseñada específicamente para os destinos turísticos.
IGUALDADE
Nova quenda de accións formativas do protocolo sobre violencias sexuais e LGBTfóbicas no lecer nocturno
As novas actividades de formación presencial con persoal da hostalaría do protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de ocio nocturno serán o 16 de abril na Casa de Asociacións de Benestar Social, situada en Salgueiriños, e na modalidade en liña desenvolveranse ata o 21 de abril.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Tarragona o pasado 1 de abril, vítima de violencia de xénero.
CAPITAL CULTURAL
Tradición e vangarda danse a man en 'Flamenco Futuro'
Álvaro Murillo presenta este venres no Teatro Principal un espectáculo que toma como punto de partida o Decálogo Flamenco de Vicente Escudero para afondar nas posibilidades de innovación desta danza. As entradas para o espectáculo poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do propio Teatro Principal.
CAPITAL CULTURAL
A Orquestra Sinfónica de Galicia volve este xoves a Compostela
Dima Slobodeniouk dirixirá a OSG nun programa inspirado na devoción que Anton Bruckner profesaba por Richard Wagner. O concerto forma parte da tempada ‘Migracións’ e está dentro do programa de abono da RFG e o Auditorio de Galicia.
LINGUA
O Enreguéifate entregou os galardóns da súa sétima edición nun acto celebrado no Teatro Principal de Santiago
As gañadoras e gañadores, alumnado de diversos centros escolares galegos, persoal técnico dos servizos de normalización e unha representación política dos cinco concellos impulsores participaron na gala na que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, entregou un dos galardóns.