XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao proxecto para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o proxecto técnico básico e de execución para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite cun orzamento global de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses.
A reforma integral do pavillón de Vite pretende emendar a situación actual dunhas instalacións que datan da década dos 90 tras un uso intensivo durante máis de 30 anos.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Eva Vera, directora territorial do FSG Galicia, e representantes dos demais grupos municipais, participaron esta mañá no acto de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Durante o acto deuse lectura a un manifesto e tamén se levou a cabo a Cerimonia do río e o canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local dá luz verde á memoria programática e económica do Certame de Teatro Intercentros 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou a memoria programática e económica por importe de 9.021,68 euros, do "XXVII Certame de Teatro Intercentros 2023". Trátase dun programa da Concellaría de Educación, destinado a alumnado de primaria e secundaria da comarca de Santiago, que coincide no tempo co curso escolar. De outubro a abril prepáranse as distintas obras, que se presentan ao público no mes de maio.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. Dito Consello é un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento do segundo tramo da Vía Verde de oito quilómetros de lonxitude
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto construtivo da obra de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela Cerceda para uso como Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle / Tramo 2 (t.m. de Santiago de Compostela), cunha lonxitude total a acondicionar de 8.015 metros e un investimento previsto, segundo o proxecto, de 1.023.407,8 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Delas Fest celebra o seu quinto aniversario cunha programación estendida ata o mes de setembro
As artistas urbanas Eloise Gillow, Amaia Arrazola, Julieta XLF e Doa Oa serán as encargadas de realizar os catro novos murais do festival feminista de arte urbana e contextual que, nesta edición especial, contará con obradoiros para familias, roteiros, coloquios e proxeccións, entre outras actividades. Nos meses de xuño e xullo, o Delas Fest concentrará a súa actividade en Compostela, cunha xuntanza entre as artistas convidadas e a veciñanza, un roteiro feminista de arte urbana e celebración do FAMILIA DELAS FEST!
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte na provincia de Huelva, última vítima de violencia machista.
MEDIO AMBIENTE
O Monte Viso acolle unha plantación de especies autóctonas impulsada pola Sociedade Española de Reumatoloxía
A pasada fin de semana levouse a cabo a plantación de 500 novas unidades de especies autóctonas na zona do aparcadoiro-área de recepción da aba do Monte Viso. Nesta ocasión a plantación realizouse con "bolas de sementes", unha técnica coñecida como "Nendo Dango" que foi desenvolvida en Xapón nos anos 60 do pasado século, e coa que se pretende acadar a rexeneración ecosistémica da zona.
CONSORCIO
O grupo de investigación ACBiodiv avanza no proxecto 'Un pavimento botánico para Santiago de Compostela'
Este proxecto, realizado en colaboración co Consorcio de Santiago, busca estudar o comportamento colonizador das plantas nas xuntas do pavimento da cidade histórica.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago detén dúas persoas por un roubo con violencia
Efectivos da Policía Local detiveron onte dous individuos que se deron á fuga nun coche despois de quitarlle o bolso a unha muller mediante un tirón, nas inmediacións dunha sucursal bancaria da vía Edison.