CONSORCIO
O trombonista Peter Moore actúa esta semana por primeira vez coa Real Filharmonía de Galicia
Con este concerto, dirixido polo mestre Paul Daniel, estrearase en España a obra Starburst da compositora Jessie Montgomery.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello presenta o proxecto dun novo parque infantil na Almáciga
O proxecto foi presentado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro nun encontro cos veciños. Castro destacou que se trata "un novo espazo de recreo para as nenas e nenos co obxectivo de facer o barrio máis atractivo para as familias, dotando de espazos de ocio para a cativada e de encontro dos veciños". Ubicarase na parcela situada entre o Colexio Apóstol Santiago, o Centro Cívico e as hortas urbanas, e prevese que a execución dos traballos se inicie no mes de abril.
TURISMO
O Concello de Santiago presentará SantiagoNow e recibirá tres galardóns de SICTED na nova edición de FITUR que arranca mañá
Ademais da presentación da nova ferramenta web SantiagoNow con información actualizada para os visitantes, a cidade recollerá na gala organizada por SICTED, o premio ao mellor destino de Calidade de España, o segundo na categoría de mellor proxecto de mellora de destino e o terceiro á mellor actuación de sostenibilidade. FITUR, a feira de referencia no sector do turismo en España, desenvolverase desde mañá, día 18 e ata o 22 de xaneiro en IFEMA Madrid.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago colabora coa Mesa do Tabaco para concienciar sobre como deben refugarse as cabichas
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou a campaña "Depende de TODOS" que organiza a Mesa do Tabaco coa que se distribuirán 4.500 cinceiros portátiles pola cidade. Un total de 60.000 cinceiros están sendo repartidos pr toda España no marco desta campaña.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno Local estuda reclamar á Administración de Xustiza os gastos de defensa derivados das Dilixencias Previas do procedemento 338/2014 do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo, que agora paga o Concello
A Xunta de Goberno Local, autorizou hoxe o abono dos gastos de defensa e representación do ex alcalde do PP, Gerardo Conde Roa. É, explicou o alcalde en rolda de prensa, o terceiro acordo que se adopta neste sentido. Por este motivo, sinalou Xosé Sánchez Bugallo, o goberno municipal acordou pedir a Asesoría Xurídica un informe sobre a eventualidade de poder formular, por parte do Concello, unha reclamación diante da Administración de Xustiza.
ALCALDÍA
O alcalde destaca, na presentación do último libro do fotógrafo Carlos Rodríguez, a aposta do autor "polo futuro que se anticipa".
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta tarde na presentación do libro "Galicia, paisaxe de futuro", unha publicación de 238 páxinas con 147 imaxes do fotógrafo Carlos Rodríguez, na que segundo o rexedor, "o autor fai unha aposta pola futuro que se anticipa".
EDUCACIÓN
Abertos os prazos para inscribirse nos programas de conciliación do Entroido das Escolas Infantís Municipais e no espazo de lecer María Miramontes
A concellaría de Educación ten abertos os prazos para inscribirse nos programas de conciliación do Entroido que se van desenvolver, como o ano pasado, nas Escolas Infantís Municipais e no espazo de Lecer María Miramontes. Nas primeiras, o prazo para inscribirse está operativo durante todo o curso; e no segundo abriuse o pasado 11 de xaneiro e péchase o próximo venres, día 20.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o libro "25 anos de historia" da Asociación Cultural A Rocha Forte
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á presentación do libro "25 anos de historia" da Asociación Cultural Rocha Forte, escrito polo seu presidente, Carlos Delgado Fernández. O rexedor, sinalou, durante a súa intervención, que as actuacións que se está facendo na zona por parte do Concello, esas dúas sendas peonís, unha entre Milladoiro e Santiago e a outra entre o Sar e o Sarela, "porán en valor á xente e facilitarán a conectividade da...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio
A Concellería de Mobilidade lembra que dende o luns, 16 de xaneiro, e ata o 17 de febreiro, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha destas tarxetas.
ALCALDÍA
Os datos de viaxeiros de tren consolidan "con rotundidade e claridade a estación de Santiago como a primeira de Galicia"
O alcalde destacou que as cifras de pasaxeiros que se subiron e baixaron do tren na estación de Santiago son históricas, "nun ano de récords". Sánchez Bugallo recordou que no 2022 "bateuse o récord de ocupación hoteleira, de estadías turísticas, e tamén no social, aínda que en parte como efecto da reactivación económica, xerouse emprego conseguindo os datos de paro máis baixos desde o 2004".