LINGUA
O vindeiro luns entréganse os Premios Manuel Beiras ás empresas que se expresan "En galego, naturalmente"
O próximo luns 18 de decembro a partir das 20 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega dos Premios Manuel Beiras ás empresas gañadoras desta nova edición, cuxo obxectivo é o de dar a coñecer a utilidade que ten o galego como lingua instrumental no ámbito mercantil.
EMPREGO
Comeza o obradoiro de emprego "Berce do Sar", que permitirá crear unha nova área de ocio para a veciñanza
Santiago gañará un novo parque periurbano nas proximidades do polígono empresarial da Sionlla, nun espazo natural que será recuperado e posto en valor e que contará con zonas de xogo infantil, merendeiros, e mesmo unha pista peonil e ciclable con elementos para a práctica de exercicio físico. Trátase do parque "Berce do Sar", que será acondicionado grazas a un novo obradoiro de emprego que xa botou a andar e que está cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba o orzamento para o ano 2024 cunha suba do 10%, o que permitirá facer obras de reforma interior do Palacio de Congresos
A reunión da Comisión Executiva e do Consello de Administración do ente interadministrativo deu o visto bo, ademais, á nova orde de subvencións para realizar proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais.
IGUALDADE
Continúa aberto ata o 29 de decembro o prazo para presentar traballos ao Premio Xohana Torres
As propostas presentadas deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico... baixo a forma de ensaio, investigación ou creacións audiovisuais.
COMPOSTELA A ESTRELA DO NADAL
A veciñanza poderá achegar as súas "estrelas e desexos" á Alameda o vindeiro 30 de decembro
A Alameda acollerá o vindeiro día 30 a partir das 17 horas, unha quedada popular para decorar conxuntamente unha árbore do paseo con estrelas de nadal e bos desexos e celebrar por adiantado a chegada do aninovo con música, luces e chocolatada. A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, fixeron un chamamento a todos os composteláns e compostelás a "vivir" as múltiples actividades do programa de ‘Compostela, Estrela do Nadal’.
IGUALDADE
Rexeitamento á agresión a unha muller acontecida esta madrugada en Santiago de Compostela
O Concello manifesta o seu rexeitamento á agresión a unha muller que se rexistrou esta madrugada en Santiago de Compostela.
CAPITAL CULTURAL
Maximino Zumalave dirixe o último concerto como director asociado da Real Filharmonía de Galicia
O recital deste xoves no Auditorio de Galicia contará coa soprano Carmen Buendía, gañadora do concurso de canto Compostela Lírica 2022. A vindeira semana haberá unha recepción na Alcaldía para agradecer o seu traballo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Entregados os II Premios á Excelencia Empresarial
Unha ducia de empresas de Santiago foron recoñecidas hoxe cos II Premios de Excelencia Empresarial convocados polo Concello de Santiago. Os galardóns foron entregados esta tarde nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, que estivo presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas.
FESTAS
Aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis ‘A Estrela de Nadal’
Todas aquelas persoas interesadas en participar como voluntarias ou acompañar a Cabalgata de Reis desde os trens poden inscribirse ata o vindeiro 21 de decembro a través dun formulario. A cativada tamén poderá solicitar a súa participación como paxes reais.
TURISMO
Santiago aposta polo mercado mexicano para ampliar a demanda turística de alto nivel adquisitivo
O gasto medio diario dun turista mexicano foi no 2022 o máis elevado dos turistas procedentes de América.