ALCALDÍA
O alcalde e a directora xeral de ACUAES acordan que a EDAR da Silvouta se adxudique polo sistema do diálogo competitivo
O alcalde, Martiño Noriega, reuniuse este mediodía en Madrid coa directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo, para avanzar no proxecto de construción da nova EDAR da Silvouta. Na xuntanza acordouse que a actuación será sometida a un procedemento de diálogo competitivo, tal e como propoñía o Concello de Santiago.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
O Palacio de Congresos acolle unha nova edición da Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage
Os días 25, 26 e 27 de xaneiro volve celebrarse no Pazo de congresos da nosa cidade a Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que vai xa pola súa sexta edición. Os detalles da mesma déronos a coñecer a concelleira de Turismo, Marta Lois, e os organizadores do evento, Marycruz Madrid e Ángel Moix.
ESPAZOS CIDADÁNS
Incorporadas parcialmente as alegacións presentadas á ordenanza de terrazas antes da súa aprobación definitiva polo Pleno
O Goberno local volverá levar ao Pleno da Corporación a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, despois de estimar parte das alegacións que foron presentadas ao texto aprobado en xullo de 2018. A modificación máis salientable ten que ver co artigo que regula as modalidades de ocupación da vía pública coas terrazas, en resposta á alegación presentada pola asociación Hostalería Compostela.
DEPORTE E POLÍTICAS SOCIAIS
Concello e Fundación Atlético de Madrid impulsan a Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión
A Fundación Atlético de Madrid vén de impulsar en Compostela unha Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión social, que é posible grazas a un convenio coas concellarías de Deporte e de Políticas Sociais. Na tarde de onte, Noa Morales acudiu á presentación do proxecto, acompañada do coordinador do mesmo, Marcos Heleno, e do responsable da área social e voluntariado da Fundación, Óscar Jiménez.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello e o CGAC celebran o XX aniversario de "Lost in Sound", a mostra que levou a música electrónica ao Museo
A música electrónica volverá ao Centro Galego de Arte Contemporánea o próximo mes de febreiro. Será ao abeiro dun proxecto impulsado polo Concello de Santiago en colaboración co CGAC para celebrar o 20 aniversario dunha das exposicións máis icónicas do centro: Lost in Sound. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe a actividade, coa que se celebra a terceira edición do programa Compostela Conversa. Na rolda de prensa, estivo acompañada por Cristina V. Miranda,.../em>
TURISMO
Santiago presenta en Fitur a súa aposta polo turismo literario, dos bos amores, de congresos e de cine
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixeron no Pazo de Raxoi unha presentación das accións de promoción que desenvolverá a entidade municipal de promoción turística en Fitur, que terá lugar do 23 ao 27 de xaneiro en Madrid.
ACCIÓN CULTURAL
O concerto da Real Filharmonía de Galicia previsto para este xoves no Auditorio de Galicia será no Auditorio Abanca
A Concellaría de Acción Cultural vese na obriga de trasladar o concerto da Real Filharmonía de Galicia previsto este xoves no Auditorio de Galicia para o Auditorio Abanca do Preguntoiro.
ALCALDÍA
Continúan os preparativos do Correlingua 2019
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a coordinadora do Correlingua, Lucía Barreiro, e o secretario comarcal de CIG-Ensino, Rubén Fernández, cos que falou dos preparativos da edición 2019 do Correlingua.
ESPAZOS CIDADÁNS
Máis rúas sen rotación obrigatoria e facilidades para as persoas traballadoras na nova ordenanza da ORA
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe a modificación da Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do aparcamento de residentes, que será levada a Pleno en febreiro, ou ben a unha sesión extraordinaria antes de que acabe este mes. Jorge Duarte explicou que o texto "actualiza o que estaba vixente desde o ano 2012, tendo en conta non só a municipalización do servizo, senón tamén a evolución da cidade e das políticas de mobilidade...
CONSORCIO
O mestre italiano Enrico Onofri dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia e interpreta o "Concerto para violín" de Haydn
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 24 na súa sede, o Auditorio de Galicia, no marco da súa tempada de abono, ás 20:30 horas, e que suporá ademais a estrea das novas butacas da sala Ángel Brage. Ao día seguinte, o venres 25, a orquestra desprazarase a Ourense, onde tocará no Teatro Principal da cidade, ás 20:00 horas. O mestre italiano Enrico Onofri levará a batuta de ambos os concertos, á vez que interpretará unha obra ao violín.