IGUALDADE
Punto de encontro feminista, campaña de corresponsabilidade e conversas na Xohana Torres protagonizan as accións do 8-M
O Concello de Santiago aposta de novo por conmemorar de maneira activa o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cunha programación completa e diversa que se estenderá durante todo o mes de marzo. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta dos detalles destas accións nunha rolda de prensa.
CONSORCIO
A Real Filharmonía estrea "Macaréu", do compositor galego Adrián Saavedra
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o mércores 27 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, dentro da temporada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa temporada de abono. O mestre Jonathan Webb, principal director convidado da RFG dende outubro de 2016, levará a batuta de ambos os dous concertos.
COMERCIO
Iniciado o proceso de selección dos 30 establecementos candidatos a albergar a mostra "Comercio Emblemático 2019"
O Concello convoca o comercio de Santiago para a súa participación na exposición Comercio Emblemático 2019: algo máis que mercar. Seleccionaranse 30 establecementos que acollerán nos seus escaparates, dende finais do mes de marzo, fotografías que reflicten a historia da actividade comercial compostelá. Para poder participar cómpre formalizar unha solicitude neste enlace.
XUNTA DE GOBERNO
Os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola volverán acoller o Programa Municipal de Conciliación de Verán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019. A actividade desenvolverase nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola, dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago. Como en edicións anteriores, haberá servizos de comedor e madrugadores.
PERSOAL
Convocadas unha praza de psicólogo/a e outra de educador/a familiar para Políticas Sociais
O BOP do pasado 19 de febreiro publicou as bases da convocatoria de dúas prazas para o Departamento de Políticas Sociais, unha de psicólogo/a e outra de educador/a familiar. As persoas interesadas en concorrer a estas prazas teñen vinte días, dende o día seguinte á publicación, para presentar a documentación.
CONSORCIO
A RFG ofrece mañá sábado un concerto para nenos/as e familias que servirá para apoiar á Asociación Galega contra o Maltrato a Menores
A Real Filharmonía de Galicia celebra este sábado, 23 de febreiro, un novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que desenvolve AGAMME, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores.
ALCALDÍA
O alcalde reclámalle á ministra de Xustiza que "reconsidere a decisión de deixar a Santiago sen novo xulgado do Social"
O alcalde de Santiago vén de remitirlle hoxe unha carta á ministra de Xustiza, Dolores Delgado, para transmitirlle o seu malestar despois de que o Ministerio volvera denegar a creación en Santiago dun novo xulgado do Social. Na misiva, Martiño Noriega tamén reclama que se reconsidere e se revogue esa decisión.
ALCALDÍA
Crianzas e maiores homenaxean a Rosalía no seu lugar de nacemento
O monolito que conmemora a figura de Rosalía de Castro, na praza de Vigo, acolleu este mediodía un emotivo acto de homenaxe á escritora, organizado pola Asociación Veciñal Raigame en colaboración con Agadea.
ALCALDÍA E OBRAS
O Concello inviste preto de 200.000 euros na mellora dos accesos ao Palacio de Congresos e Exposicións
A Concellería de Obras vén de executar os traballos de mellora dos accesos ao Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en San Lázaro, nas que se investiron máis de 180.000 euros. A actuación supuxo a renovación do pavimento das avenidas Fernando de Casas Novoa e Miguel Ferro Caaveiro, así como a mellora da accesibilidade nestes viarios.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica consolídase como o encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica
O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa sétima edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 23 de marzo. A presentación tivo lugar este xoves nunha rolda de prensa na que participaron Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña; Jesús Basterrechea, concelleiro da Área de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas de Ferrol; Mª del Pilar Pérez Faxil,...