ACCIÓN CULTURAL
O despacho de billetes do Teatro Principal inicia o proceso de devolución de entradas para espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades
O despacho de billetes do Teatro Principal reabrirá mañá, mércores 27 de maio de 2020, para comezar a tramitar as devolucións das entradas dos espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades. Até o 20 de xuño, as persoas que mercaran as súas entradas de forma presencial na billeteira poderán solicitar a devolución do seu importe. O horario de atención será de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 h.
COMERCIO
Nova xuntanza coas asociacións de comerciantes para falar da festa do comercio local e dos bonos de estacionamento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica responsable do Departamento de Comercio, Lucía Castro, mantiveron este martes unha nova xuntanza coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio aposta polos eventos culturais e as compañías locais para reactivar o turismo e a economía
A Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse este martes telematicamente e acordou impulsar a contratación de artistas, artesáns, asociacións e colectivos locais que forman parte da riqueza e do tecido cultural de cada municipio e, desta forma, apoiar a programación de eventos para este verán e tamén a reactivación económica. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, representou a Santiago nesta xuntanza.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde fai un chamamento ao "uso prudente das novas posibilidades que se nos ofrecen" na fase II
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na Xunta de Goberno. Ademais, aproveitou para facer un chamamento á "responsabilidade" de todos e todas agora que Santiago e Galicia entran na fase II do proceso de desescalada.
ALCALDÍA
O Concello emite unha instrución de aplicación da fase II ao sector de restauración e hostalería
A Xunta de Goberno celebrada este luns deu o visto bo a unha instrución da Alcaldía de aplicación da fase 2 ao sector de restauración e hostalería. A instrución, que pode consultarse no documento adxunto, refírese tanto ás condicións das terrazas como ás obrigas para a apertura interior dos establecementos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E MOCIDADE
Entrega de dispositivos LU-Touch ao persoal do Supermercado Froiz
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e a responsable do Departamento de Mocidade, Noa Díaz, entregaron esta mañá 24 dispositivos LU-Touch, fabricados con impresoras 3D, ao persoal do Supermercado Froiz situado na praza do Toural. Con este dispositivo pódense abrir portas e fiestras e acceder ás chaves da luz sen tocalas, polo que se reduce considerablemente a posibilidade de contraer COVID-19 por contacto indirecto.
ALCALDÍA
O Goberno municipal aproba plans de desescalada nos ambitos sociocultural, turístico, deportivo e de mercados
Nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este venres, o Goberno local aprobou plans de desescalada en varios ámbitos de servizos municipais, tales como a rede sociocultural, as oficinas de información turística, as instalacións deportivas ou os mercados. Non obstante, o Concello queda pendente da publicación do decreto que regulará o novo estado de alarma e da previsible entrada de Galicia na fase 2 da desescalada.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Varias rúas do Ensanche volverán ser peonís durante esta fin de semana
Co fin de facilitar a mobilidade da cidadanía nestas fases des desescalada e de garantir o distanciamento necesario para evitar riscos de contaxio, o Concello de Santiago repetirá por terceira fin de semana consecutiva a peonalización de varias rúas do Ensanche. Estarán pechadas ao tráfico rodado entre as 12:00 h do sábado 23 de maio e as 24:00 horas do domingo 24 de maio.
ALCALDÍA
Bando do alcalde con motivo do Día da Ascensión
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, publica hoxe un bando con motivo do Día da Ascensión e da suspensión das festas con motivo da crise sanitaria da COVID-19.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebrarán o Día Internacional do Xogo cunha xornada de xogos en liña o xoves 28 de maio
O xoves 28 de maio celebrarase o Día Internacional do Xogo 2020. Para celebralo, nestas circunstancias especiais do COVID-19, a rede de centros socioculturais preparou unha xornada de xogos en liña. As inscricións están abertas ata o mesmo 28 de maio, ata esgotar prazas, no teléfono 981 543 017.