ALCALDÍA
A alcaldesa e o director da Escola Oficial de Idiomas abordan temas de interese para a cidade no seu primeiro encontro
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, mantiveron esta mañá un encontro co director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, no que trataron temas como a mellora das infraestruturas da EOI, a vindeira edición da gala aRitmar así como futuros proxectos de colaboración entre as dúas institucións para a promoción da cultura e dos idiomas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras para a ampliación do carril bici na contorna da Intermodal e a reurbanización do Campus Sur
A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, adxudicou o contrato para levar a cabo a primeira fase da actuación "Rede de Itinerarios Sostibles para a Redución da Pegada de Carbono", cofinanciada por FEDER 2014-2020 e o Concello de Santiago, cun orzamento total 301.368,99 euros. Tamén se aprobou a adxudicación das obras de execución do proxecto "Recuperación do Campus Sur para o cidadán" que contará cun orzamento de 334.935,65 euros e permitirá mellorar a conectividade...
OBRAS
O Concello efectuou máis de 50 obras en beirarrúas nos meses de xullo e agosto
A Brigada de Vías e Obras resolveu máis de 50 incidencias detectadas en beirarrúas de espazos públicos, tanto da zona urbana como do rural compostelán, durante os meses de xullo e agosto ao abeiro dun plan de choque do Goberno local destinado a favorecer a accesibilidade e o mantemento viario.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
#EuCompost_ela organiza un novo Laboratorio de Economía Circular para a cativada
O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha a segunda edición dos Laboratorios de Economía Circular, cuxo obxectivo é concienciar a cativada e adultos sobre hábitos de consumo responsables e solidarios co medio ambiente. As actividades desenvolveranse entre o luns 4 e o xoves 7 de setembro en horario de tarde e son completamente de balde.
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto acollerá a estrea en Galicia de 'O Corno' e un amplo programa de cinema galego
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro. O compromiso de Curtocircuíto co cinema galego refórzase no seu vixésimo aniversario coas seccións Planeta GZ, Supernova, Terra - adicada a Arancha Brandón- e #OutraCompostela. A sección paralela Curtocircuíto x Cineclube de Compostela renderá homenaxe á figura de Roberto...
CAPITAL CULTURAL
Inaugúrase na Casa das Asociacións de Cornes a exposición ‘O Herbario de Rosalía’
Trátase dunha mostra con 40 imaxes dos 150 pregos que conforman o Herbario físico creado polas profesoras Isabel Fraga Vila e María López Sández. A exposición poderá visitarse na Casa das Asociacións de Cornes ata o 17 de setembro.
MOBILIDADE
O 1 de setembro abre o prazo de inscrición para a proba de obtención do permiso municipal de condutor/a de taxi
Todas as persoas interesadas en realizar a proba para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi no Concello de Santiago poderán presentar a súa solicitude desde o 1 de setembro ata o 15 de setembro. O exame terá lugar o 2 de outubro.
ALCALDÍA
A alcaldesa e o novo delegado do Goberno en Galicia abordan temas de interese para a cidade na súa primeira xuntanza institucional
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de varios membros de Goberno municipal, mantivo esta mañá un encontro co novo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, no marco da súa primeira visita institucional ao Pazo de Raxoi. Na reunión abordaron unha serie de temas de interese para a cidade
como as achegas económicas para a construción da estación depuradora de augas residuais da Silvouta e para o Consorcio de Santiago ou a cesión da parcela do colexio Peleteiro ao Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao inicio da contratación das obras para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o expediente de contratación das obras para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite, cun orzamento global de máis de 1,3 millóns de euros e que arrancarán previsiblemente a partir de xaneiro de 2024, cun prazo de execución de seis meses. Tamén se deu luz verde a cinco convenios de colaboración do Concello de Santiago con diferentes entidades culturais e sociais por un importe total de 67.000 euros. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago rende homenaxe á figura de Ánxel Casal
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá un acto institucional en homenaxe ao alcalde republicano Ánxel Casal, organizado polo Concello de Santiago en colaboración cos concellos de Teo e Arzúa, municipios vinculados aos momentos finais da súa vida e da súa loita. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, referiuse á figura de Ánxel Casal como unha "referencia persoal e política" e anunciou a inminente posta en marcha da "Comisión da Memoria" para recuperar e visibilizar as historias dos...