IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Pozuelo (Madrid), vítima de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Roberto Vidal Bolaño volve deixar os seus Rastros pola Rúa Nova de Santiago
Esta mañá tivo lugar a presentación da xira de "Rastros" de Roberto Vidal Bolaño no Concello de Santiago, unha obra dirixida por Lois Blanco Araúxo e intepretada por Antea Rodríguez, Mateo Franco, Muriel Pernas e Pablo Carrera. A peza teatral estréase o venres 4 e sábado 5 de marzo, ambos ás 20.30h, no Teatro Principal de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde de Santiago destaca a aposta do Concello pola investigación, durante a inauguración de "BioGalicia Summit"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na inauguración de "BioGalicia Summit", o encontro internacional biotech que conta con firmas galegas de referencia da biotecnoloxía no ámbito da saúde e no sector agroalimentario. O rexedor destacou a aposta do Concello pola innovación, e amosou o desexo de que "esa capacidade de investigación se transforme en industria e emprego".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A comisión organizadora de "Compostela, capital da Economía Social" celebra a súa primeira reunión en Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora xeral de Economía Social do Ministerio de Traballo, Maravillas Espín; a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; a directora do CECOP (Centro de Estudos Cooperativos e de Economía Social da USC), María Teresa Cancelo; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; participaron neste primeiro encontro no Pazo de Raxoi no que se...
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e o Ministerio de Cultura reúnense en Segovia para impulsar os plans de xestión
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e representantes do Ministerio de Cultura reuníronse hoxe na Real Casa da Moeda de Segovia para impulsar os plans de xestión. Ao encontro asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.