MEDIO AMBIENTE
Máis de 400 nenos e nenas achéganse á economía circular grazas ao proxecto #EuCompost_ela
O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia organizaron dous concertos para o alumnado de primaria dos centros de ensinanza do municipio no marco do proxecto #EuCompost_ela. O obxectivo desta iniciativa é achegar aos máis pequenos o mundo da economía circular dun xeito lúdico e entretido.
ACCIÓN CULTURAL
'MiiC na Rúa' leva a arte ao espazo público con intervencións nos escaparates da rúa do Vilar
'MiiC na Rúa' é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago que se desenvolve dentro do marco de IMAXINARIA, a IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC4) que se pode visitar na actualidade na Sede Afundación. A actividade consiste na realización dunha serie de intervencións artísticas simultáneas que se levarán a cabo na icónica rúa do Vilar, e que buscan recalcar o sentido de que a mostra toma a rúa.
TURISMO
A Casa do Cebro e a Casa de Afora preséntanse ao Premio "Mellor actuación de sostibilidade en SICTED"
Turismo de Santiago traballou con estes sobresaíntes aloxamentos do rural compostelán na definición da candidatura a presentar aos premios de Calidade Turística. O conxunto paisaxístico formado por A Casa do Cebro e A Casa de Afora atópase no lugar de Correxíns, na parroquia compostelá de Figueiras.