FESTAS
Formatos máis reducidos e seguros e propostas para todos os públicos nas festas do Apóstolo 2020
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este venres o programa das festas do Apóstolo, que este ano se celebrarán entre o 17 e o 31 de xullo. Segundo indicou, as deste 2020 serán "unhas festas excepcionais nunhas circunstancias excepcionais como son as da Covid-19", pero con "propostas para todos os públicos e en formatos máis reducidos e seguros".
ALCALDÍA
O alcalde destaca o "grande esforzo colectivo" que supoñen as eleccións deste domingo e anima os/as cidadáns/ás a ir a votar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, convidou a todos os composteláns e compostelás a votar este domingo. "Foi un grande esforzo colectivo que paga a pena, ao que temos que corresponder todos os que vaiamos votar respectando as normas", indicou o rexedor a propósito do feito mesmo de que se poidan celebrar as eleccións.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia regresa aos escenarios cun concerto na Cidade da Cultura, dirixida polo seu mestre titular, Paul Daniel
A Real Filharmonía de Galicia regresa mañá sábado aos escenarios logo dun parón obrigado de catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Os músicos e músicas están a recibir sesións informativas para coñecer os protocolos de prevención que deben manter nas súas actuacións e esta mesma semana comezaron os ensaios.
CONSORCIO
Comezan as obras na capela de Santas Mariñas do Sar, promovidas polo Consorcio
O Consorcio de Santiago vai realizar obras de mantemento na capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 52.959,28 euros. A empresa adxudicataria desta intervención, que se prevé que estea rematada nun período de tres meses, é JSTOP Obras y Servicios, S.L.