POLÍTICAS SOCIAIS
O teléfono 010 atendeu 2.050 chamadas dende a súa posta en marcha
0 19 de marzo entraba en funcionamento o 010, o teléfono de axuda municipal, atendido polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil. Dende ese momento e ata o 1 de maio incluído, recibiu 2.050 chamadas, a maioría delas solicitando tíckets especiais de compra.
ALCALDÍA
O alcalde apela á responsabilidade individual e colectiva da veciñanza á hora de iniciar a desescalada
Coa posta en marcha das primeiras medidas para a saída do confinamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fai un chamamento á cidadanía para que extremen as medidas de protección e apela á responsabilidade de cada un.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal sube este domingo ás redes sociais a peza "Compostela", dedicada á cidadanía de Santiago
O pasodoble "Compostela" e o bolero "Mira que eres linda" son as dúas pezas que a Banda Municipal de Música de Santiago programou para este domingo ao mediodía a través das redes sociais da formación e do Concello de Santiago. Ao non poder continuar cos seus habituais concertos do domingo a causa do estado de alarma decretado pola pandemia da COVID-19, a Banda está a subir ás redes sociais vídeos das súas audicións musicais. O obxectivo é que a cidadanía poida desfrutar da súa...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitaron esta mañá a praza de Abastos. Nesta xornada de sábado, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil repartiron 1.000 máscaras a clientes e vendedores.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello pon a disposición da cidadanía de Compostela un medidor de distancias
Na xornada na que se abre á poboación a posibilidade de dar paseos en determinadas franxas horarias e a un máximo dun quilómetro do domicilio, o Concello pon a disposición da cidadanía un medidor de distancias.